Una tarde máis de domingo, agora penso e despois verei se son, (por contra outros pensan logo existen), esto da vida é cuestión de gustos, que para a miña maneira de ver, decirvos que creo que teño un gusto exquisito, por que todo o que me gusta, gústame de verdade, e inda diría máis o meu gusto é o mellor gusto do mundo. Si si, vos estaredes decindo, bueno bueno, “o meu gusto non é malo”, xa pero que eu teño como un master en gusto.
Un exemplo, moitas veces escoitamos que o bonito e o barato son inasociables, (eu son dos que opino esto, case no 100% das ocasións) Como vos decía hoxe fomos o carrefour, e ando ca teima de comprar unha botas trekking, que seguramente despoís non lles faga in caso, pero bueno esto é cousa do consumismo que todos apoiamos, incluso os punkis que van moi de antisistema e o final son tan sistemáticos como Inditex, senon vede os litros de cervexa que consumen, :)) Bueno o caso que me estou desviando, resulta que as botas trekking que máis me gustaban eran precisamente as máis caras!! Incrible!!! A miña teoria: “O meu gusto perfecto” quedaba unha vez máis totalmente comprobada científicamente, ou polo menos o meu orgullo dun dos meus sentidos máis gostosos, o gusto, estaba ben definido.
De todas maneiras son unha persona moi tolerante e inda con mellor talate por iso nunca direi que teño mellor gusto que o resto, inda que o pense, e non so que o pense, senón que é así. Teño o mellor gusto do mundo, se non ¿Por qué todo o que a min me gusta é bonito?
Fmdo: Un dominguero cualquiera
Recent Comments