Quin como pitoniso non tiña precio. O caso é que esta entrevista ten moi poucas visualizacións, o cal a min me parece realmente estrano, dada a repercusión de ámbolos persoeiros.
Quin como pitoniso non tiña precio. O caso é que esta entrevista ten moi poucas visualizacións, o cal a min me parece realmente estrano, dada a repercusión de ámbolos persoeiros.
Ocioloxía quere mandar un apoio sen fixuras a tódolos votantes de partidos de dereitas que falan e pensan en galego. Por que non é delito ser un votante do PPdG e falar e vivir en galego, inda que moitos non queiran amosar esta cara do partido que hoxe goberna en Compostela. Por iso, e inda que dende este portal temos tido os nosos encontros, queremos facer un declaración en prol do uso do galego en tódolos ámbitos.
Persoeiros como Rafael Cuíña, Xosé Luis Barreiro e outros afiliados do PPdG, son claros defensores da lingua, polo que dende hoxe tan só queremos que saían verbas de folgos para que continúen loitando polo que cren xusto. Mañá xa veremos!!!
O centro-dereita galeguista bota a andar… Ánimo!!

O CIM volve a palestra cun menxase claro e sen rodeos: “Massó non será o que quere a señorita Clara Millán, O BNG cangués presenta un equipo de incompetentes onde non ten cabida o senso común” Con estas verbas o lider separatista Manolo do Sacho abría a rolda de prense presentada polo equipo do CIM na antigua baleira de Massó.
A totalidade do discurso ía dirixida o BNG e a pasividade cómplice do PSdG, aludindo e deixando ver as ligazóns entre Caixa Nova e Clara Millán, a quenes sitúan na mesma onda. Toñito Clarete, home duro da organización morracense, aludiu esta mesma mañá os lazos de unión que Clara Millán mantén con altos cargos de Caixa Nova, principal valedor do futuro complexo de Massó. En verbas de Toñito “a situasión está como está, e non imos quedarnos calados mirando para eles, se hai que pasar a acsión pasaremos, pero eles sejuro que non pasarán. Dame ijual se traen antidisturbios de León ou de Mursia, son a mesma pandilla de descerebrados que se recrean pejándolle palisas a un jrupo de persoas que luita pola paralisasión dunhas obras ilegais e ilóxicas.”
Seis grilleiras dos antidisturbios estiveron na tarde de onte desafiando a un grupo de manifestantes que non permitían o paso dos camións a Massó para seguir cas obras do novo porto deportivo. O caso é que se se chegan a producir feridos pola carga policial o CIM manterá como máxima culpable a rexidora nacionalista. “Non teñen juevos a vir de un en un, por que xa che dijo, danme ijual sinco que sincuenta” “Son catro fascistas que veñen aquí a disirnos que temos que faser” “A Clara Millán ofreséronlle traballo en Caixa Nova, o que non sabe ela é que despois vanlle dar unha patada no cú” Estas e outras menxases foron as que se deixaron ouvir na antiga baleira, e o clima belixerante propiciado pola alcaldesa parace que non vai terminar axiña.
O CIM finalmente para pechar a rolda de prensa, falou da “absoluta nesesidade de frear a destrucsión do litoral canghués, e que as visiñas e viciños de canghas poden estar tranquilos por que eles mesmos emprenderán acsións contra eses enerjúmenos”
O VINDEIRO DÍA 1 DE AGOSTO MOVILIZACIÓN EN CANGAS POLA
DEFENSA DO LITORAL GALEGO.



A Autoridade Portuaria, a cal encabeza a ex-alcaldesa de Vigo Corina Porro, segue a considerar legal o atropelo urbanísitico de Massó. Un paraíso que debe ter un futuro público e para disfrute do pobo morracense e de quen queira vir a esta acolledor paraxe galego. Sen embargo os de sempre, seguen a encherse a boca con falacias propias do NODO franquista, defendendo a tese de que o novo porto deportivo traerá postos de traballo a unha zona sensible en canto o emprego se refire
Eses postos de traballo os que se refiren non son outros que os de servir a uns ricachóns, ser servos dos caciques e rendirlle a pleitesía que eles queren. Non estamos dispostos a considerar a súa idea como a única, e dende o pobo de Cangas defenderemos con uñas e dentes a nosa terra. O banco pesqueiro e a zona industrial de Massó non pode ser vendida o mellor postor, xa que os grandes perxudicados seremos as veciñas e veciños da vila.
A nosa aposta por un medio de vida sostible pasa por plantexar unha solución realista, acorde cos novos tempos, onde o ladrillazo non teña cabida. A día de hoxe a sociedade morracense, madura intelectualmente, non está disposta a deixarse camelar por catro “iluminatis” que queren calar o pobo a base de cargas policiais desmedidas, de arrestos e de criminalización do movemento do Foro Social. Caixa Nova, a Autoridade Portuaria, e máis a prensa afín, desafía unha vez máis o poder de movilización da sociedade galega, e desafía unha vez máis a ideosincrasia morracense.
Non pasaremos por víctimas, porque inda temos moito que dicir, non somos víctimas por que nesta guerra quedan moitas batallas, e a próxima batalla xogámola en casa, e onde máis lles doe, en pleno verán. Este 1 de agosto tes a oportunidade de dicir: Non o porto deportivo de Massó!!!!!
Ghastas Pista ou chímpaslle outra ghaseosa!?
Estarase perdendo aquela frase que servía para máis que romper xelo, romper alghunha cara dunha mascada?. Ghastas Pista é unha páxina referente no eido musical galego. Sendo parte da historia galega musical escriben o seu carón as novas páxinas da fonoteca galega. Por suposto que aquela frase Ghastas Pista non deixa de ser un orgullo do Rock Bravú que espertou na xeración dos oitenta un sentimento desenfadado e sen aranceis de ningún tipo, sen cuestións de inferioridade e ca vista posta nun futuro esperanzador, futuro que hoxe vemos como presente e que está chamado a que sigamos loitanto pola defensa da cultura ghalegha, con gheada e con seseo, como se fala na miña casa, como se fala na rúa.
E tí? Ghastas Pistas?!
-Temos actualizado o noso espacio de OBEROBREO con tódolos capítulos feitos ate o momento.
-Concertos para este fin de semana en OCIO MORRAZO!!
Comentarios recentes