EN IMAXE E SON

UN LONGO ANDAR..

Un longo andar por terras de diferentes puntos da xeografia. Un longo andar por bosques, vilas e mar. Un longo andar nunha noite de pedra e un longo andar pola tua memoria. Aqui vos deixo algunha fotos de diferentes lugares, dos que cada un gardamos algo especial.

PASEAR POLO NOSO “FIN DO MUNDO”

A Costa da Vela, Cabo Home, As Cíes, O Facho, Donón,.. e só unha pequena lista de lugares indispensables na visita o Morrazo. Todos eles se encontran na parroquia do Hio, no fin da Península, que parece morrer nas vivas augas do Atlántico. No fondo as “Illas dos Deuses” un pequeno reducto de incribles areais e pinares que parecen escoltar e protexer o Morrazo.

Aquí unha pequena recopilación das fotos que nos chegaron o blogue. Pedimos que sexan cautelosos e que as saiban dosificar, unha enchenta das fotos pode ser moi perxudicial para a saúde das persoas, e para os que non son persoas tamén.

O COUREL: RECUNCHO DOS NOSOS SENTIDOS.-

Pasear polo Courel. Deixar levar os nosos sentidos polos ríos e devesas que agocha o Courel. Chegar a Seceda, un pobo totalmente reconstruído e rehabilitado, onde nas vacacións toma a vida que antano tivo. Pasear polo río Lor, ou mesmo deixarse levar polos encantos das antigas minas que agora parecen durmir.

dsc02322.jpg

dsc02291.jpg

MASSÓ PARTE DA NOSA MEMORIA VIVA

Massó foi e será parte da nosa historia. A conserveira condicionou a nosa personalidade así como a propia morfoloxía do concello cangués. Agora está no centro do debate, e moitos somos os que sabemos que Massó é o futuro de Cangas, e del dependemos. As cousas han se de facer ben, un Massó para Cangas, un Massó de futuro e non para ricos.

dsc02006.jpg

A NOSA FRAGA

É a última fraga de Cangas. Os eucaliptos están terminando cos carballos, e en poucos anos se non se actúa antes, podremos dicir que os eucaliptos dominan totalmente a costa morracense. Mentres, admiremos o tesouro mellor gardado dos montes de Coiro, e intentemos conservalo, a solución está na conciencia de cada un. Aquí vos deixo unha imaxes de corredoiras, ríos e carballos que parecen resistir o avance impasible da peste australiana. Invítovos a dar un paseo polo noso monte máis noso.

dsc01986.jpg
dsc01978.jpg

UN VECIÑO PECHADO O MAR

Dende fai anos levamos escoitando aquela bonita frase de Abrir Vigo o Mar. Esta frase máis preto da luxuria e da mentira que da finalidade e da verdade estase a converter no verdadeiro escaparate dos diferentes alcaldes de Vigo, Pérez Mariño, Corina ou o ghran Caballero, a quen dende aquí pido a súa dimisión e que se vaia de Galicia, a Mozambique, Noruega ou Birmania, dame igual pero que se vaia lexos, cando máis mellor. Non vexo o mar…

dsc01892.jpg

UN PASEO POLO CORAZÓN MALFERIDO DE CANGAS:

Facía tempo que non me deixaba levar polos recunchos máis inóspitos do casco vello de Cangas. Facía tempo e xa recordo porque non me deixara caer por estes lares. Volvín dez anos atrás e lembro que todo segue igual que por aquel entonces. Non mudou nada, e o qeu mudou non foi a mellor, frente as novas casas restauradas, qeu queren devolverlle o sentido a estas rúas encontramos verdadeiros delitos arquitectónicos sen qeu ninguén poña o grito no ceo. Por iste motivo fixen un pequeno álbum de fotos, de pouca calidade por certo, xa que de ser con un cámara de verdade (e non ca VGA do meu mvl) as fotografías parecerían sacadas de contexto.

De tódolos xeitos o aquel nostálxico hai que mudalo por unhas doses de revolución, unha revolta contra todo ripo de feísmo que destrozan o corazón de Cangas, e o deixan malferido por moito tempo. Para que no Morrazo non teñan cabida os terroristas do jalpón.

imagen025.jpg

imagen027.jpg

imagen030.jpg

imagen032.jpg

UN PASEO COS MARIÑEIROS:

dsc01668.jpg

dsc01673.jpg

dsc01676.jpg

dsc01675.jpg

PRESENTACIÓN

Co fin de presentar unha bitácora máis dinámica e con maiores recursos dos que tiña, tras este 2007 cheo de bos recordos cibernéticos, o 2008 Ocioloxía evolucionará, presentando un novo deseño e novas seccións.

O dito agora so falta ter tempo libre e poder encher estes espazos que na nosa cabeza xa teñen forma.

Intentaremos que cada mes teñamos unha colección de fotos, videos, e ante a falta disto unha boa parrafada que contar.

As fotos que presentamos a continuación son de Malpica, que pese a brutalidade urbanística que sufriu esta vila nas últimas décadas, podemos dicir que segue gardando unha ialma única. As súas rúas estreitas e empinadas, parecen levarnos a outra época, xa que por boa parte de Malpica é imposible levar o coche. Por outra banda o porto, cunha gran actividade, enche de vida a vila. Nos meses de verán as rúas son buliciosas, e a certa tranquilidade do inverno troca ca chegada de turistas en búsqueda de turismo económico, gastronómico e sen grandes aglomeracións.

Cabe resaltar duas cousas moi importantes a hora de falar de Malpica. A primeira é a marcha nocturna, e a súa “ruta da parrochiña” como é coñecida a zona de pubs. E por outro lado a cerámica dunha das parroquias de Malpica, coñecida cando menos en toda Galicia, e considerada un dos elementos máis representativos da artesanía galega, Buño.

dsc00809.jpg

dsc00812.jpg

dsc00807.jpg

Deixa un comentario

You can use these tags : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>