TOM O NOSO TROVADOR DO SUR

13 03 2008

Tom é un mozo que estivo afincado en Galicia do 1999 o 2006, ano no que se muda as Baleares. Un día tiven a oportunidade de coñecer un cd seu, Modus Vivendi (cd en homenaxe o local do mismo nome onde tocou semanalmente durante varios anos), gustoume a idea de fusionar a música de autor, co flamenco do sur e máis a cultura galega. Pero mellor que contado é que o escoitedes.

Aquí vai un video dunha das súas actuacións nun local. Teño escoitado qeu Tom ten un local e organiza festas con concertos (normalmente toca el mesmo). Quen sabe, quizáis algún día vos encontrades nuha festa escoitando esta canción…





Aduaneiros sem fronteiras (II comunicado)

12 03 2008

comunicado-ii.png

Após a reacçom na rede e na comunicaçom social suscitada polo fecho do nosso site e comprovando o crescente agromar de diferentes e infundadas versons sobre o acontecido, alimentadas mesmo polas declaraçons da própria demandante em diferentes meios, vimos de decidir emitir um segundo comunicado para clarejar vários aspectos de nossa decisom. Concretamente sobre o processo encetado polo advogado de Dona Yolanda Castaño Pereira contra a nossa publicaçom, no que segundo ela própria, só se colocaram em causa apenas os comentários do site e nom o desenho gráfico de “Teu Quoque Yolanda?”. Com tal motivo, vemos-nos na obriga de publicar a carta remetida via mail polo seu advogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre, para demonstrar a ausência de veracidade nas suas declaraçons mediáticas.

Depois de traduzir a carta ao galego e compreender o seu conteúdo, solicitamos um tempo de reflexom para consultar com a nossa advogada, e depois de ser rejeitada tanto a nossa oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico como o nosso desejo de resolver o assunto entre as pessoas e nom mediante advogados, fomos requeridos por Dom Pablo Carvajal através da nossa advogada a despublicar tudo antes da próxima segunda-feira 22 de Outubro. Por umha parte doeu-nos nesta situaçom que entre criadores e criadoras galegas, se tenha que recorrer a advogados e ameaças judiciais para arranjar um problema do que nem sequer tínhamos constáncia. E por outra que se ponha em questom a sinceridade dumha decisom que foi dura de tomar polo que supom retirar da rede o trabalho de quatro anos. As acusaçons de vitimismo e reacçom desmedida estám fora de lugar: o fecho era a única medida possível para evitar um processo judicial que repercutiria muito negativamente sobre ambas as partes sem claudicar do nosso direito à liberdade de expressom. Queremos lembrar que o feche seria reversível se, como agora afirma a demandante, estivesse disposta a aceitar por escrito ou pessoalmente a nossa já reiterada oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico. Nom é a nossa intençom prolongar por mais tempo esta absurda situaçom na que todos e todas podemos acabar por nos travar a língua e nos fazer sangue no principal órgao de expressom humana:
a boca.





XA FALTA POUCO

12 03 2008

En pouco tempo teremos a posibilidade de velo estreo da primeira curtametraxe dirixida por Ocioloxía e montada por O Berobreo. Sen lugar a dúbidas non deixará indiferente a niguén. Para maior inri daremosa coñecer a data e hora exacta da súa publicación o longo desta semán, estade atentos as novas que preseta este portal.

A imaxe que adxunto neste post pertence a Transparencias, un blogue o cal recomendo unha visita. 

 

teleblog.jpg





A NOSA FRAGA!!!

11 03 2008

dsc01968.jpg





MILLO CORVO=MEIRO

11 03 2008

Presentación do X Encontro Degustación do Millo Corvo: 08 de marzo del 2008.

Xornadas educativas cos nenos dos colexios (”Ciclo do pan”): semana do 10 ao 14 de marzo. Os cativos realizarán o “Ciclo do Pan”: debullarán as mazorcas de millo corvo, irán ao muíño a moer os grans e obter fariña e amasarán e cocerán a bola corva de porta aberta nun forno tradicional.
Obradoiros participativos: (do 24 ao 27 de marzo). Necesario inscripción.

Obradoiro de follaco: celebrarase os días 25 e 27 de marzo ás 20:00 horas

Obradoiro de cestería tradicional: celebrarase os días 24 e 26 de marzo ás 20:00 horas.

X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO (do 28 ao 30 de marzo):

Muiñada de todo o día: 28 de marzo. O muíño da Presa (no Canudo - Bueu) permanecerá aberto e funcionando durante todo o día, e pola noite contarase con música tradicional e a degustación da tradicional queimada ás 12 da noite.

Sábado 29 de marzo.
Charla – coloquio.
A continuación celebrarase o festival “A Pan de Millo”, onde se contará coa actuación de diferentes agrupacións tanto musicais como de baile tradicional. Tamén se contará coa elaboración das recetas máis tradicionais e antergas na Ecotaberna.

X Encontro Degustación do Millo Corvo: domingo 30 de marzo. Dende as 11 da mañá contarase con múltiples actividades durante





MASSÓ E MAR

8 03 2008

Dar un paseo por Massó é achegarnos pola Rúa do Salgueirón (non polo Arrecife, eso debe quedar moi lexos, pero non en Cangas). Enfilarmos a nosa andaina deixando os lados as antigas casas dos traballadores da factoria, mentres o outro lado os frigoríficos parecen contemplar a fachada prinicipal do edificio do século pasado. Dende o lonxe xa divisamos a torreta, e podemos ler en letras azuis no seu cumio: Massó

dsc02259.jpg

Dar un paseo por Massó e ver a antiga conserveira, que antano foi unha das máis prestixiosas de Europa, custodiada pola Gardería Infantil, os vestiarios, e máis a fonte, a que de nenos chamábamos Cibeles. Moi preto están as escaleiras que levan cara o Hotel de Massó, unha casona de primeiros de século que parece resistir o embate dos tempos modernos rodeado de grandes árbores que parecen gardar os segredos deste edificio enmeigado

dsc02211.jpg

Máis adiente atopamos as antigas cetareas, e naves de almaceamente de aparellos, xusto do outro lado moi preto de onde se asenta a espectacular cheminea de Massó, que  divisa todo o territorio polo que se espallan os múltiples edificios .

dsc02151.jpg

Dar un paseo por Massó é visitar a baleira, hoxe unhas ruínas que conservan o chan de madeira, no que se despiezaban os cetaceos. Seguimos e atopamos os salazóns e o “muelle roto” no que unha pintada dí: Non o Porto!! 

dsc02077.jpg

Dar un paseo por Massó é dar un paseo pola historia viva do Concello.

dsc02106.jpg





PARECIDOS INCRIBLES!

7 03 2008

Moitas veces oímos falar de parecidos realmente sorprendentes. O caso é que indagando un compañeiro encontrou un caso único. Estamos a falar dun caso digno de CSI, ou incluso para que a Garda Civil o investigue. Trátase dos escudos de Cercedo e Poio, que neste caso responden a un mesmo modelo heráldico. O caso está claro, son escudos moi similares, pero cal foi o primeiro? É decir, quen copiou a quen? Quen foi primeiro a galiña o ovo?

cercedo.jpg





ANO 2035

5 03 2008

Estamos no ano 2035, as cousas en España seguen igual, non sabemos se somos un estado de estados, unha nación, unha grande e libre ou simplemente un estado federal (que parece o máis lóxico). Xa pasaron varios presidentes tras ZP. E non, Pepiño Blanco non chegou a ser presidente, e Rajoy tampouco. O resto dos españois téñen medo os galegos, e en é parte normal, a última vez que un galego dirixiu o país tardou cuarenta anos en irse. Zaplana e Acebes, deixaron a política dedicándose a súa familia, as dúas semanas Zaplana estaba divorciado e Acebes tivo que escapar a Francia, a súa familia ameazouno con castralo se non deixaba de falar dese xeito.

Esperanza Aguirre chegou a ser presidente do goberno, e prohibiu o apelido Gallardón en España, e por outra banda Gallardón acabouse presentando polo PSOE, pero María Teresa Fernández de la Vega botouno do partido. (Que lle pasará cas mulleres??) O PSOE nunca gañou en Madrid, e polo de momento parece que tampouco será posible un goberno de esquerdas na capital.

En Galicia seguimos ca mesma clase política. Beiras caeu nun olvido que foi a tumba pro nacionalismo galego. Touriño gobernou Galicia uns 16 anos, sendo o compañeiro de Fraga nas partidas de dominó no asilo de Campolameiro. Fraga segue vivo, moitos din que foi visto deambulando por Zas e Vimianzo. Manolo Rivas foi Premio Nobel no 2020 co seu super ventas: “Un galego en Marte” O Celta de Vigo conseguiu outro record histórico converténdose no clube que máis veces baixou e subiu na historia da Liga. O depor acabou desaparecendo gracias a estupenda xestión de Lendoiro. Lendoiro foise de Galicia e vive en Benidor, converténdose no segundo home máis vello do mundo (o primeiro e Fraga) Amancio Ortega patrocinou a selección galega de fútbol, e Estrella Galicia foi quen de converterse por fín en Estrela Galega. Por certo o galego non o fala ninguén, tan só algúns vellos (Fraga é o seu máximo espoñente).

O Courel é un parque temático para os madrileños. Os Ancares non existen. Agora pódese ir andando dende Vigo a Cangas grazas a magnífica xestión de Zona Franca. Marín conseguiu porfín o seu cometido, chegar o outro lado da Ría gracias os recheos, e sí, o outro lado había terra, e seguiron máis alá, logrando encher tódalas rías galegas. As Rías Baixas non existen, agora son os Recheos Baixos, un nome segundo os expertos moito máis comercial. Se non pensen nuns pementos recheos ou nun ovo recreo.

Galicia é unha cousa rara e indefinible. A súa arquitectura é parodiada en todo o mundo. E todos coñecen a casa arácnida ou casa con patas. Galicia é o que sempre foi, unha terra sen nai.

medium_futuro.jpg

Na imaxe Corcubión, unha vila típica galega.





Fraga quiere el libro blanco de ZP «para usarlo de papel higiénico»

5 03 2008

El presidente de honor del Partido Popular y ex presidente de la Xunta, Manuel Fraga, se refirió ayer al libro blanco que utilizó José Luis Rodríguez Zapatero y que el PSOE aún no había colgado en su página web ayer por la mañana, cuando los periodistas le preguntaron por su contenido en un foro celebrado en Madrid.

var d = new Date(1204671600000);

Interrogado sobre el documento, Manuel Fraga no dudó en asegurar que solo lo quería «para usarlo de papel higiénico».

También se refirió al debate entre Zapatero y Rajoy y calificó de «infumable» el comportamiento del rival del candidato popular por sus continuas interrupciones mientras el presidente del PP exponía sus argumentos.

Al ex presidente gallego tampoco le gustó la moderadora, Olga Viza, «porque no tuvo valor de intervenir».

 





KOSOVO INDEPENDIENTE!!

3 03 2008

1kosovo.jpg

Despois dunha guerra de guerras, dunha guerra civil, con outras moitas batallas internas. Despois de que na terra de todos morreran inocentes. Esta semana proclámase a independencia de Kosovo, que inda non é recoñecida por Serbia. Agora Europa conta cun novo estado, e os mapas políticos quédanse obsoletos, tendo que incorporar unha nova nazón, a nazón. Un pobo de pobos, onde cinco etnias compoñen o crisol de culturas que levan convivindo anos e anos en Kosovo. Serbios, turcos, romanos, albanos e bosnios son os habitantes desta terra que nace cun novo obxetivo, comezar o camiño para ser un país europeo en tódolos seus sentidos.

Benvidos!!