XEADO DE TOXO

2 08 2010

Algo se move no Morrazo!!!

Nace un novo espazo sobre ocio. Nel podremos ver tódalas actividades deportivas e de ocio que temos nos concellos do Morrazo!

Moito ánimo e longa vida!!!





SE NON LEVADES A MERDA TRAÉMOLA NÓS

2 08 2010

Magnifica exhibición unha vez máis do Faro de Vigo. Merecen un aplauso por tanta hipocresía mediática, por tanta mediocridade que demostran día tras día, co difícil que resulta manterse a dito nivel. Faro de Vigo volve outra vez a carga, e desta vez non por publicar algo, senón por deixar de facelo.

Unha vez máis, a dirección de Faro de Vigo volve a estar a altura do betún, de onde parece non quere emerxer.

O certo é que non molesta quen quere, senón quen pode, pero desta vez vémonos na obriga de sacar adiante este post, para denunciar a manipulación mediática. O caso é que o pasado sábado, o redor das 12:00h un grupo de xente, arredor de 80 persoas, demostraron que é posible denunciar a parálise municipal diante de todo un pobo. En Massó, xusto na entrada principal da antiga fábrica conserveira, mozas e mozos cargaron contenedores de lixo, de merda, como eles lle chaman, que está almacenada xusto diante da antiga gardería. De tódolos xeitos todo estaba pensado. A merda colocaríase cada unha no seu contenedor, é dicir, os orgánicos a un contenedor de orgánicos, os plásticos o contenedor habilidado para tal efecto e así con varios contenedores. Cada un deles ademáis estaba perfectamente colocado, como se de cestas de nadal se tratasen. A merda foi conducida a pé dende Massó ate a porta do Concello. Alí quedou, a espera que o servizo de recollida de lixo o recollera (que o fixo en duas horas), mentres outra montaña de merda segue almacenada diante de Massó dende fai anos, a espera de que alguén se digne a recollela. Esta merda é a que se recolleu noutrora nos privilexiados espazos naturais de Massó. Xente que desinteresadamente e cun sentido práctico depositou neste lugar co fin de que o Concello mandara un camión a recollelo. Dito camión non deu chegado, e mentras este espazo de Massó convertiuse nun estercoleiro.

Queren destruir Massó!!! E Massó xa está destruído, tan só falta que se decidan a facer algo, o que? Pois cada terá a súa teoría de practicidade.

A manifestación-ecolóxica, transcurriu con tranquilidade, custodiada en todo momento pola Policía Local, quenes parecían escoltar a terroristas, sin embargo, recibirón unha maxistral clase de civismo. Estamos en contra de toda manipulación mediática, por iso, as veces calar, tamén é complice do cinismo máis cruel e déspota.

Pedimos a dirección de Faro de Vigo que fique no seu pasado, que pechen a porta por dentro e que tiren a chave pola ventá.





A LUITA CONTINÚA

19 06 2010

Ramuiñás, un vello conocido da Congorza, sempre conta a mesma historia. No bar do Félix, sempre falan del como o “Chispón”, por ser un pouco animado cando toma uns vermuts de máis. Alí onte non faltaban os de sempre, Jurme, Raiote, Filighranas, Manolo, Servando, un vello que nunca fala, o da Finita, Marisol na cociña e Félix o mellor taberneiro da comarca. O televisor estaba a botar un “programa deste de sobremesa con catro pelajatos enchendo a boca de merda” tal e como o Servando dí. Ademáis é curioso como ninguén lle fai moito caso, ate que empeza o partido.

Nese momento Félix toma o mando do “Plus”, sube o volúmen, colle o mando da tele, sube o brillo, baixa contraste e tamén sube o volúmen. Acto seguido, como hipnotizados pola voz de Carlos Martínez, vólvense e danlle o lombo a barra, os que están sentados deixan a partida e póñense todos en posición de cara o televisor e algún despistado que andaba polo servicio sae correndo subindo a cremallera xa fora do baño (algúns non se acordan de volvela a subir ate a siguiente visita o excusado).

A xente non fala, todos esperan as alineacións. Entón o locutor comeza a dalos nomes dos “heroes”, dos super homes, dos gladiadores romanos que saen a loitar contra as fieras.

-“Na portería Casillas, na liña defensiva Piqué, Puyol polo centro e nas bandas Ramos e Capdevila, na medular Xavi e Xavi Alonso acompañados de Busquets, en posicións máis adiantadas estarán Silva caindo a dereita e Iniesta a esquerda, e na dianteira o ariete asturiano David Villa.”

Xusto cando comezan a decir os nomes dos rivais comeza unha discusión no bar:

-“Casillas, Casillas, eu puña a Valdés que ven de ghanar a ligha, e cunha forma física da ostia”- Dice o Filighranas, que foi un afamado xogador do equipo local alá polos anos cincuenta. Sempre vai de entendido e sempre acaba tendo a última palabra, no por ter a razón, senón que o resto non queren chegar as mans.

-“Casillas leva moitos partidos de internacional, e nunca fallou, eu puñao seghuro. Aghora o que me enche as pelotas é que non meta a Navas. Ese si que está como un tiro.”- Responde Ramuiñás “O Chipón”.

-“Ti cala que non tes nin puta idea de fútbol. Se inda eres dos que pensa que o fútbol e o futbolín son a mesma cousa”- Asevera o Filighranas.

-“Tes rasón Filighranas, o futbolín inventouno un ghallego no caldeiro, e o fútbol os inghleses”- Dí o Jurme intentando que a conversación non se quente.

O caso é que continúan berrando todo o partido, dicindo animalada tras animalada, pero cando rematan os noventa minutos, volvemos a realidade.

Ramuiñás baixa a cabeza, e sobre a mesa de aglomerado do bar do Félix, o xornal de hoxe ten un titular que dí: “O FMI anuncia recortes sociais en todos os paises do mundo”.

Anestesia esférica, morfina popular ou o opio do pobo.





DISIONARIO CANJÉS-JODECHINCHO!!!

12 06 2010





TERRAS DO MORRASO

10 06 2010

Un novo blogue comeza a súa andaina. Esperamos que todo vaia moi ben. Moito ánimo para os creadores e un apoio total.

TERRAS DO MORRASO





POLITICA DE ACCIÓN

2 06 2010

En ocasións, en tertulias con amigos e coñecidos, de diferentes opcións políticas, chegamos as mesmas conclusións. O caso é que todo xira arredor de sí. A democracia na que vivimos permite votar os políticos, pero non permite votar  os que gobernan, co cal vémonos dirixidos por unha clase de magnates que controlan os medios e a política. Por favor que ninguén se engane, non estamos falando de teorías conspiratorias nin nada semellante, simplemente de quen controla o teu traballo, os teus cartos e polo tanto o teu futuro. Faltan neste mundo máis collóns, e perdón pola expresión. O caso é que dentro desta coiuntura económica adversa para o capital,  e por conseguinte para a clase traballadora, inda que pareza contradictiorio, vémonos afogados por múltiples declaracións vacías de contido.

Todos estamos ate aquela parte do corpo antes comentada, pero é complicado romper o  taboleiro creado polo capital. O xogo está moi ben montado, as reglas non permiten facer tácticas de dorrocamento, xa que enrócanse e se a túa opción é salirse do mesmo píllante en fóra de xogo, e polo tanto complícante a vida (observade que pasou ca flotilla a Gaza).

Sinto algo extrano nos meus adentros. Algo difícil de explicar. Por unha banda todos nos queixamos, pero por outra pregamos a quen sei eu de que as cousas non vaian a peor. E é precisamente aquí onde nos teñen agarrados por aqueloutra parte do corpo. Xogan co medo do traballador, co cese laboral, co despido, con ERE´s, con baixadas de soldo, con todo o qeu se lles ocurra. Falan de despido libre, e namentras os créditos ICO están controlados polos corvos negros deste conto, e mentres o lagrego da novela non atopa a espada de Excalibur para derrocar este Reino de Taifas. O pequeno empresario encóntrase acorralado entre pagos e débedas, pero a financiación esfumouse. O traballador pensa que pode perder o piso, o coche, a lavadora e o TV de 40″, que precisamente o capital lle facilitara para enmascarar as negras plumas, pero agora eles xogan a súa carta, o AS DO MEDO.

E tí queres seguir xogando?





VOLVE O CIM, VOLVE TONHITO

25 04 2010