EU .GAL

29 03 2007

189×78.gifEncontrei esta páxina que me parece que pode ser do interés de todos, un dominio galego, é dicir, un .gal, non sei porque pero paréceme bem. Intentarei darvos a maior covertura deste espazo, a última noticia que teñen publicada na súa páxina e que son xa máis de 5000 persoas as que deron o apoio a loita por este dominio.

Se queredes saber máis do tema so tendes que cliquear http://www.puntogal.org/web/ e atoparedes diferentes banners par colocar na vosa web.

 Os apoios institucionais están a chegar, os primeiros en apuntarse foron o Concello de Rianxo e a Secretaria de Inmigración para a Xunta de Galicia. Seguramente en pouco tema falaremos máis deste tema tan importante para crear unha informática galega de interese mundial. ¿E vós credes que pode ter connotacións positivas o dominio galego?

Advertisements




MESA POLA NORMALIZACIÓN DO LIKOR KAFÉ

29 03 2007

absolutlicorca.jpgDespois de numerosas xuntanzas con amigos, devanceiros do humor, (ou como di un “coleguitas del humor”), familia e compañeiros, decidimos un bo día a creación dunha: Mesa pola Normalización do Licor Café. Pensamos que o tema está un pouco esquencido dos programas electorais dos diferentes partidos políticos, e crendo nós que é de vital importancia para a saudade galega, presentaremos a continuación o boceto do que en pouco será o Estatuto de Normalización do Licor Café. Mentres esta Mesa Pola Normalización do Licor Café recórdavos que:

TÍTULO PRELIMINAR:

ART 1.- Esta Mesa pola Normalización polo Licor Café foi creada, como non o redor dunha mesa galega e cun “LICOR CAFÉ DA ABUELA”, quedando como testemuñas presenciais, unha botella vacia que pon nunha etiqueta escrita a man: “licor café”.

ART 2.- Galicia constitúese como un estado social a partir do LICOR CAFÉ, fundamentándose neste como elemento socializador máis importante da sociedad galega actual, pasada e futura.

ART 3.-O artigo 2 queda totalmente fudamentado pola falta de conflictos bélicos en terreo galego nos últimos 2000 anos, xa que quitando as Revoltas Irmandiñas (anos nos que o LICOR CAFÉ estaba en propiedade da nobreza), non existen referencias claras de violencia no noso Estado. Manténdonos sempre o marxe de diferentes acontecementos gracias a nosa poción.

ART 4.-O LICOR CAFÉ expresa a pluralidade e a igualdade de tod@ galeg@, que ante él todos somos iguais.

CAPÍTULO PRIMEIRO, PRINCIPIOS XERAIS:

ART 5.-Tod@ galeg@ ten dereito a ter unha botella de LICOR CAFÉ no moble bar, no seu defecto no refrigerador, e ademáis a ter unha segunda botella, “de por si acaso” gardada na bodega.

ART 6.-Tod@ galeg@ ten dereito a tomar LICOR CAFÉ en calqueira circunstancia, non sendo sancionable o exceso de cafeina.

ART 7.-Tod@ galeg@ ten dereito de coñecer e usalo LICOR CAFÉ con fins mediciñais, inda que non esté prescrito por matasáns algún.

ART 8.-Tod@ galeg@ ten dereito a xuntarse c@s amig@s e abrir unha botella crianza de LICOR CAFÉ.

ART 9.-Recordar vellas batallas non será delito entre os amig@s se existe unha ou varias botellas de LICOR CAFÉ na mesa.

ART 10.-Quen dixo que o LICOR CAFÉ non vale para os botellóns está totalmente equivocado.

ART 11.-O LICOR CAFÉ, pode ser recetado como inhibidor do sono, fantástico para conducir por pistas sen asfaltar.

ART 12.-Toda apoloxía contra o LICOR CAFÉ será sancionable por decreto ley.

ART 13.-O galego é o que come e o que bebe, por iso o LICOR CAFÉ será parte da dieta de todo galego.

ART 14.-A CREMA DE ORUXO non substitúe en ningún caso o chupito de LICOR CAFÉ.

TRATADOS INTERNACIONAIS:

ART 15.- O LICOR CAFÉ será o noso embaixador, reducindo gastos de persoeiros inútiles.

ART 16.- O LICOR CAFÉ non será utilizado en contra da vontade d@ galeg@, polo que queda por plebiscito nacional acordado un referendum nacional, para a utilización do LICOR CAFÉ en todo acto social exterior.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS:

ART 17.- No caso de festas populares galegas, como O Mundo Celta de Ortigueira, Catoira e os Vikingos, a Romaria de Darbo e a Festa Medieval de Ribadavia permitirase a utilización do LICOR CAFÉ de forma dobre, é dicir, sempre podremos beber duas onde bebiamos unha, invitar a duas cando invitábamos a unha e levarnos duas cando levábamos unha.

Cris e Walter