AP-9:SUMISIÓN OU SUICIDIO

21 04 2007

bichero_09032005.jpgFai un par de días comentei que iba falar do caso das autrostadas galegas, e máis en concreto dunha delas: -“Si, si, vou falar de ti AP-9, supoño que xa o supuseches o velo título do post, moi habil AP-9, pero que sepas que vou a por ti”

 Dende que teño uso de rasón as comarcas de Vigho e A Coru son as comarcas máis densamentes poboadas da Galicia, incluso inda poderíamos decir máis, son as áreas co nivel de industrialización máis alto de todo o país. (“mmm, estrana sircunstansia, son as áreas máis poboadas, máis industrialisadas e para chejar de Vigho capital a Coru,.., TEÑO QUE PAGAR SEN RECHISTAR 12 EUROS POR VIAXE, por certo aquí non se inclúen jasofa, desjaste de neumáticos, tasas de pajamento do rodaxe, etc…)

Pero inda se fora pouco o estado do firme, que polo preso que ten debería de ser de ouro de 24 quilates, está moi deteriorado, con fisuras constantes no firme, malas canalizacións, constantes badéns, baches, … (estes datos serán ratificados por un colega meu que estuda para Enxeñeiro de Camiños e Atallos) Todo isto a parte de facer que o noso coche sufra máis, fai que os conductores cobren unha personalidade máis ajresiva a hora da conducción. Dise, hai un rumor, dinche por alá, que unha muller negouse a pagala peaxe alegando o mal estado do firme, que por pouco lle causa un grave accidente cando estaba a piques de adiantar a un camión. O final a muller, tras unha discusión co GC, Juardia Sivil (o CSI, con denominacións de orixe de Despeñaperros), non pagou a abusiva tasa que fai que cada vez que pasamos polo peaxe acordémonos moi afectuosamente dos políticos de turno e moi especialmente das súas familias, que por certo non teñen culpa de nada (Bueno como que non teñen culpa de nada!! Criar esas mentes perversas só pode ser feito por outras mentes perversas)

Señores políticos a miña protesta particular cheja ahora, inda non dixen nada. Pois ben se Galicia ten un claro motor económico, que é a liña imaxinaria que marca a AP-9: Ferrol, Coru, Compostela, Pontevedra, Vigho, Tui, Portugal,  se Galicia ten dificultades para achegarse a primeira división, económicamente falando, se Galicia precisa dun empurrón para solventar diversos problemas estructurais en materia de industrialización, loxística, etc, se din que Galicia precisa dun Plan Galicia (que eu pensaba que era aljo positivo) Porque narices non nos supremen a peaxe e se deixan de pavimentar ou facer paseos marítimos ou fluviais (pro caso é o mesmo)? Por que esto era o plan Galicia, pavimentar sobre o pavimentado? Señores políticos non nos tomen o pelo, o que queremos e que se suprima a peaxe máis cara do estado, deixar de manter un clientelismo con aranceis de tinte caciquil, non queremos formigón queremos pagar menos peaxes no eixo motriz galego.

 Penso que non é ningún despropósito pedir os galegos o que queremos para Galicia, non si!!? Por iso mesmo penso que os propios políticos deben de aunar esforzos para conseguir que Galicia deixe atrás os tributos medievais que merman a saude da nosa economía. Por que si os políticos queren o mellor para nós, faríano!, e  se non o fan é por algo!. Terán inversións en empresas como Audasa? (mmmm paréseme a min que esta investijasión acaba de empesar, terei tertulia para rato, falando de Rato, sabra él como se podrá faser para suprimir o peaxe)

 (Por certo gracias de novo, e unha vez máis  a Luis Davila pola viñeta.)

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: