FEISMO GALEGO.- “QUE LLE VAMOS FACER”

23 04 2007

feismo.jpg

É curioso somos conservadores, pero para o que queremos, por que arquitectónicamente falando somos, non sei como definilo diplomáticamente,…, “simplemente diferentes”. O estilo arquitectónico galego foi mudando cos anos, ata converterse en algo indescriptible. “Pero que lle vamos faser”, resposta por outro lado moi galega, co cal aceptamos a nosa forma de ser, desculpando e perdoando os nosos veciños, cos cales nos levamos a morte por causa como non dos marcos.

Por exemplo, existen varias leis non escritas para facer unha casa en Galicia, o primeiro é máis importante é carecer de licencia de obra, ou en caso de tela por ser familiar do alcalde, é indispensable intentar joderlle uns metriños o veciño (en moitos casos estamos a falar duns centímetros de merda, pero  bueno se llos jodemos sentirémonos como Dios).

Tras este primer paso, que rara vez saltamos ou esquencemos de facer, ven outro paso moi moi  importante, non ter en conta a arquitectura popular ou cando menos a arquitectura máis cercana a nosa futura casa. Así podremos atopar unha casa estilo románica, (identificable pola austeridade, e tan austera que carece de man de pintura, é decir, cemento, cun jalpón para gardalo coche),  o lado de outra de estilo gótico (catro pisos para arriba, como buscando o sol, todo rematado nun jalpón, este que non falte, onde tendela roupa). Os diferentes estilos arquitectónicos galegos, foron definidos moi ben por Carlos Blanco, o cal tamén aludía o estilo barroco galego, do cal non quero lembrarme agora, por que xa vos imaxinades do que estemos a falar. “Pero que lle vamos faser, o chaval apetesíalle unha casa diferente”, seguramente o que non lle apetecía era terminala casa, polo menos, pinta a casa, por favor.feismo-romanico-gotico.jpg

Outra lei non escrita que fomenta a moderna arquitectura galega, é  a lei da “extensión máxima”, é decir, facer a casa o máis preto da estrada. Esto débese a duas cousas: a primeira a falta de Plans Xerais nos municipios galegos, e a segunda, a máis importante e a da que ninguén fala, se metemos a nosa casa encima da estrada, cando queiran ampliala estrada, jaja, “téñennos que pajar unha indemnisasión”.

Sen lugar a dúbidas hai moitas máis leis, pero quero reparar nunha especialmente, da cal non oimos falar moito, esta é o aprobeitamento de chan público para meter as escalas de acceso a nosa casa. Explícome, na beirarúa colocamos un par de peldaños, seguindo a primeira das leis, “joderlle o vesiño uns centímetros de merda”, co fin de sentirnos realizados con nós mesmos e cos nosos veciños, que se extranarían se non intentásemos facer algo deste estilo, e podrían denunciarnos por calquer tontería, moi típico en Galicia. “Pero que lle vamos faser, se total por medio metro” Medio metro que non e seu señora!, esa beirarúa parece un contínuo salto de obstáculos. A lei do aprobeitamento do máximo espazo, chega ata límites insospeitados, senón observen a foto da cabeceira, unha farola é absorvida por un clásico inmoble nun municipio de Ourense.

Por último e para rematar quero falar da “alma mater” do feismo galego, facendo un recoñecemento especial, os urbanistas, (eses homes que brillan pola súa ausencia), os plans xerais,(as leis que nunca viron a luz, a ordenación espacial dos concellos,(as previsións urbanísticas, (sen as cales no seríamos quenes somos), a anarquía dos concellos, etc. E sobre todo, facer un especial recoñecemento a todos eses homes que enriquecéndose gracias o seu posto de Concelleiro de Obras, non tivo a delicadeza de facer polo menos unha casa bonita, a súa.

Advertisements

Accións

Information

11 responses

24 04 2007
pepe penas

¡Que lle imos facer!…Namentras as leis dormen debaixo das almofadas, algúns, que están moi espertos, pasan o tempo soñando en alto e facendo que outros non poidan dormir a xeito.

24 04 2007
waltinho

Que lle imos facer!! Somos carne de cacique, pero non do ron, se non do cabrón que ten as únicas empresas do pobo, e qeu en moitas ocasións é o alcalde do pobo. Que lle imos facer, somos galegos,…

24 04 2007
fada madriña

¿De verdade que a foto do farol non é unha trucaxe? ¿Onde está ese atentado?
Igual que hai unha lei anti-tabaco,( pois o goberno di que ten que mirar pola nosa saúde pulmonar) debería haber unha lei protectora da nosa saúde ocular,
os que transitan por esa rúa teñen que solicitar unha indemnización por danos ae prexuízos, xa que cunha imaxe desas características moi a miúdo, acabarán perdendo o sentido da beleza. ¡Vivir para ver!

24 04 2007
waltinho

A foto é real, está non concello de Montós, en Ourense, é unha das imaxes que deu a volta o mundo. Foi unha fotografia embaixadora, menuda imaxe non?

28 04 2007
ken foi wally???

isto xa é o q faltaba!!!! agora tamén lle han de cobrar a luz da farola q ken compre esa vivenda, iso si ken será o interesado en adquirir un balcon furado e con luz propia, non sei pero seguro q o comprou en planos e agora atopouse con iso, e seguro q non a da vendido eh jajajjaa.
bueno polo menos o veciño do 3º salvouse jejeje un saudo para el, enoraboa!!!
en definitiva, esta xente de ourense ta un pouco mal eh jajaja

29 04 2007
Barnikel

Deus, primo, chorei coa risa. Menudo post… tiña que saír na galega, se saísen blogs nela, claro… 😉

30 04 2007
waltinho

Sería unha boa idea facer un pequeno espazo audiovisual no que comentar os blogs. Seguramente, encontraríamos miles de pequenas mostras de expresións culturais nas que a xente, de forma libre pode mostrar as súas inquedanzas. Vouno propor na web da tvg.

30 06 2007
rosalia

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_proyecto.php&id_proyecto=1239

vexo que no teu blog hai un notable apartado ao feísmo galego. envíoche unha ligazón a un documental que vin fai xusto unha semana na telegaita e gustoume moito. nel sae o noso profesor Docampo explicando a raíz deste concepto: unha creación política de papá Cuiña.

Recoméndocho

30 06 2007
waltinho

Gracias Rosalia!! Moi bo apunte este enlace. Tiña constancia del pero non o vira. Gracias de novo!!!

En breve teremos publicadas máis ofertas de traballo na blog de socioloxía, todo gracias o teu traballo, Rosalia.

Saudos!!!!

6 04 2009
asier

Escriban es castellanos panda de paletos.

7 04 2009
waltinho

Asier está ben que sexas un auténtico revolucionario, un loitador, pero bueno non o volvas a facelo dende o correo de erc, penso que penalizas os teus compañeiros. Veña na próxima máis educación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: