FEISMO EN ESTADO PURO

4 05 2007

imagen012.jpg

Fai tempo que son un gran admirador da imaxinación de todas esas persoas anónimas que ca súa forma de expresar o arte fan que andar polo mundo andiante sexa máis entretido (por chamarlle de algunha maneira). O noso espíritu creativo sempre está a par da gran concienciación polo reciclaxe, conocido por todos, xa que non hai un galego no mundo que non se pensara duas veces que o que vai a tirar igual lle servía para calquer outra cousa. Por exemplo, cando mercas calquer obxeto que ven metido nunha caixa de cartón, sempre pensamos que utilidade lle podemos dar a dita caixa.

Si señores somos unha potenzia!! Somos moi imaxinativos e ademáis somos capaces de buscarlle utilidade as cousas dunha maneira que ninguén é capaz. Senón como se explica que uns metálicos das camas poden acabar servindo de pecha cancelas. Algo extrano ademáis, é que da igual que estemos falando dun galego de Burela como dun galego da Cañiza, por exemplo na imaxe superior que mostro o pe do post, podemos ver unha fermosa e inóspita imaxe das aforas da Coruña, moi preto do Carrefour de Alfonso Molina. Todos sabemos  que o metálico da cama serve para delimitar calquer tipo de vivenda, de finca, de leira, incluso de empresa. “Por si queren entrar filliño” (di un dos creadores destes infranquebles muros de alta seguridade galega), nunca se sabe por onde poden entrar os cacos, e estes metálicos serán un duro obstáculo os ladróns.

Incrible verdade, pois ainda hai máis, senón pensen comigo. Que relación teñen unhas botellas e un muro? Pois en principio ningún tipo de relación, pero se es galego sabrás que as botellas rotas serven para disuadir os escaladores de muros. De que maneira? Pois ben os pequenos anacos de vidreo colócanse na parte máis alta do muro, de forma que as partes máis afiadas dos vidreos miren o ceo, así se queres apoiar as mans para escalar o muro,…, pois faraste algo de dano, (non o intentedes na casa) Eses cacos que se adican a saltalos muros todas as noites do ano, teñen un duro rival, os anacos de cristais dos muros galegos. “Por si veñen roubar filliño”  (Teño que decir que este arte estase a perder, está en perigo de extinción, xa que son xa moi poucos os muros que conservan esta ancestral forma de disuadir o inimigo)

Este é o meu pequeno homenaxe a todos eses muros e cancelas que serven para disuadilos cacos, xa dende lonxe, todo gracias ó óxido que acumulan as vallas metálicas, os metálicos das camas, os vídrios nos muros, os alambres engarzados a modo de malla de Spiderman, etc Por suposto, non esquencemos a todas esas persoas que intentado escapar sempre da estética prefiren unha vida máis austera, facendo todo o posible por quebrantar as leis escritas. Seguramente, neste mesmo momento, habrá un galego argallando algún invento. Si este sae a luz, non dubiden que o mostrarei aquí. Non podemos deixar que a imaxinación do galego pase desapercibida.

Advertisements

Accións

Information

One response

7 05 2007
Barnikel

¿Quén non se fixo dano de pequeno con eses demos de cristais? Xa hai que ter mala uva… Por sorte, sempre atópabamos a maneira de evitalos… 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: