FEISMO vs. JALPÓN

8 05 2007

Existe unha característica común a case tódalas construccións do feismo galego, unha característica que non escapa a ningún dos diferentes estilos arquitéctónicos galegos, unha característica que é capaz de saltalas dificultades xeográficas para asentarse en tódolos recunchos da Galicia. De quen estamos a falar? DO JALPÓN MADE IN GALICIA COUNTRY.

O jalpón é unha construcción feita o cen por cen en Galicia, inventada por galegos, e creada por galegos. O jalpón é a razón de ser dunha casa. Senón lean o seguinte exemplo.

Imaxinen unha casa sen pintar (se non tes moita imaxinación, abre a ventana da túa casa, e olla o redor, seguro que tes algunha), cas fiestras en aluminio e unha parella de galegos feténs falando na porta da casa (un metálico delimita o privado do público). Entón ela lle di a el:

– “Eu creo que che falta aljo, non sei tes a casa a medias”

-“Si, xa lle dixen o meu cuñado que trouxera unha uralita”

-“E que sen jalpón,…, a ver onde coljas a roupa”

Entón despois de escoitar esta conversa entendín todo. O secreto estaba en ter un lugar onde a roupa seque o máis rápido posible. Facer un efecto invernadoiro (in da sego pensando que somos os galegos os que máis apoiamos este cambio climático). Todo isto me trouxo os miolos o recordo dun exemplo único, o jalpón levado o seu máximo esplendor. Unha casa no meu pobo, na que a típica casa de patín, moi típica nos cascos vellos das Rias Baixas, convertiuse toda ela nun jalpón, en pleno centro.

jalpon.jpg

Advertisements

Accións

Information

2 responses

9 06 2007
Santi

Sen comentarios, sonvos de Cangas e sabemos de que falamos. MADE IN GALIZA; seguro. Por certo, é un blog interesante.

9 06 2007
waltinho

Gracias Santi! E sí, sabemos do que falamos. Desgraciadamente temos demasiados exemplos, os cales non vale a pena recordar. Mellor rir que chorar, non?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: