MORRASO QUINTA PROVINSIA

10 05 2007

O redor das 13:45 do mediodía de onte, fixo explosión un artefacto caseiro na parroquia canguesa de Darbo. O artefacto, colocado nun chalet en construcción, foi controlado polos equipos especiais de explosivos da Garda Civil, dende o mesmo momento en que un dos obreiros que traballaba no inmoble se decatou de que aquela olla express non tiña nin chourizo, nin verzas, nin patatas, nin cachucha, vamos que non era un cocido, tiña máis pinta de ser unha bomba. Un dos propios obreiros declarou a un medio totalmente independente, a TVG, “que non se atente cotra eles, os da construcción, que é un dos oficios máis duros, que se atente contra os patróns ou contra outros que teñen poder”. Estas declaracións, lonxe de ser as adecuadas para un feito como o tal, foron feitas “en quente”, como se di no argot futbolístico cando queremos perdoar a un xogador que case lle parte a perna a outro.

O lado do explosivo apareceu unha cuartilla de Resistencia Galega (iniciais encubertas de catro amigos que se aburren), o cal nun primeiro momento foi confundido cun panfleto publicitario dunha axencia de viaxes ou dun restaurante (estaba impreso en branco e negro, moi parecido os que poñen nos parabrisas dos coches cando están aparcados, eses que os ves cando te sentas a coller o volante e tes que volver a sair para quitalo).

Dende Cia OcioloXia ficamos nerviosos, xa que por un momento pensamos que estabamos a falar do primeiro atentado con danos materiais do Comando Independentista do Morrazo (C.I.M.), grupo o cal lle estamos a dar un gran seguemente neste portal. O Jrupo Jerrilleiro, (que xa tivo outro tipo de atentados pero que nunca pasaran das agresións verbais a árbitros de fútbol, jodechinchos e periodistas), foron os primeiros en desmarcarse.

Nun comunicado que nos chegou horas despois do atentado, o CIM afástaxe totalmente do acto, tachando os terroristas de “vijeses”, chamando “a movilisasión cidadá para encontrar os responsables” O jrupo terrorista advirte que as súas accións nunca irán en contra dos traballadores “os cales son os nosos compañeiros de batalla” (comenta Manolo “do Sacho”, lider espiritual do CIM).

No mesmo comunicado a “jrupo activista” advirte que ten pensado “faser unha serie de reflexións, cabilar sobre aspectos do pobo, prestando un servisio a quenes o nesesiten”, deixando como sempre as súas declaracións moi abertas, cunha estrana habilidade, pensamos que o CIM pode estar pensando abandoala loita de forma directa, pasando a “faser servisios sociais os máis nesesitados, para janarse a xente do pobo”. Cia OcioloXia baralla a posibilidade de que os jerrilleiros amosen o seu rostro máis afable despois do “acto terrorista”, co fin de limpar unha imaxe que puido quedar ensuciada trala bomba de Darbo.

Cia Ocioloxía, quere mantervos informados desta “noticia bomba” polo que cremos convinte facer un especial recoñecemento a Domínguez, Policía Local que se presentou no lugar dos feitos de inmediato. O Faro de Vijo (periódico independiente e obxetivo) comenta así o acontecido o chegar o lugar dos feitos o policía: “La olla se encontraba situada en la primera planta del chalé número seis. Entre los trabajadores de la empresa constructora no levantó sospechas hasta ya pasadas las 11.00 horas. Fue entonces cuando el encargado, tras leer los panfletos, decidió realizar una llamada a la Policía Local. El jefe de este cuerpo, José Luis Domínguez, fue el primero que se personó en el lugar de los hechos, alrededor de las 11,30 horas. De inmediato se dio cuenta de que se trataba de un artefacto explosivo, sobre todo después de preguntar si algún obrero había comido en la obra y contestar todos que no.” Estamos seguros de que estas afirmacións vertidas polo diario vijés, serán moi relevantes para seguir ca nosa particular investigación.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

15 05 2007
lks

“De inmediato se dio cuenta de que se trataba de un artefacto explosivo, sobre todo después de preguntar si algún obrero había comido en la obra y contestar todos que no.” -no comments pra papá-pitufo.

Hai xente ke está a falar xa dun 11m en Canghas (seika houbo manifas e as de dios, e se lle chamoun terrorist a Abalo). Sejindo a sabedoría acadado durante os nosos estudias na Krunha,

-Manual de política Salustiano del Campo, cap. 67, páx 12.362; a olla a presión como arma electoral

Primeiramente, foi utilizado este artefacto electoral como soporte físico perante a oposición (fogón) pra preparar convites de profunda reflexión e disciplina ideolóxica, máis coñecidos como “mitines-comidas-preelectorais do PP” (non condundir coas manifas-de-bocata).
Agora, xa ven entrados na suciedade da información do S.XXI, a olla a presión digievoluciona ata un segundo nivel, no cal acada a mesma condición utilitaria ca uns avións pilotados por terroristas suicidas (salto cualitativo) ke cambiaron o mundo. Así, nin grelos, nin chourizo nin patacas nin feixóns son xa elementos a ter en conta, tan só unha nota adxunta ou un leve tic-tac a modo de condimento pra facer de esta arma de destrucción masiva de resakas de domingo unha arma electoral de primeira magnitude.

Esperando novas sobre a investigación en curso, recomendo encarecidamente ter moito coidado nas próximas datas en caso de topar “por ahí” unha empanada a arrefriar nunha fiestra, fragonetas de panaderías non oficiais do pobo (Iglesias parece ser o home de confianza) ou bolsas de chetos sen abrir.

15 05 2007
lks

Un abrazo Waltinho, e arriba con Couceiro (como desfasa o cabrón)

15 05 2007
waltinho

Sen lugar a dúbidas, a profesa dunha defensa a ultranza de métodos non convencionais electoralístas (tales como as comidas das que falas do PP), están a dar que falar. Nestes momentos non podo comentar un dato por falta de datos que concreticen tal feito, pero seica vai ser a bomba cando poida contalo!!
As “bolsas de chetos” as que aludes están sendo analizadas polo noso equipo de investijasión Sia OcioloXia. No momento qeu teñamos xa algún dato, non dubides en que serás o primeiro en sabelo.

Un saudo LKS. Viva couceiro e os jívaros do Amazonas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: