PREMIOS MESTRE MATEO

10 05 2007

mestre-mateo.jpg

Son un defensor do cine  galego, penso que as diferentes formas de expresión dunha cultura pasan por cada unha das artes, e o cine, como tal, non vai a ser menos. Facemos música, teatro, pintamos e esculpimos, e por suposto tamén facemos cine.  Gozamos de bos profesionais, tanto artistas, como creadores (directores como Reixa, productores, realizadores, etc). Por iso que o nosos Oscar son tamén un espazo a ter en conta. Os Mestre Mateo cumplen, a priori, con varias condicións que considero moi importantes para o desenvolvemento  dunha galeguidade cineasta. Os máis novos poden coller referencias de que cine se fai no seu país, ademáis de vela recompensa dun traballo feito, alentando e creando unha escola que anos despois loitará por un Mestre Mateo. Un premio é algo máis que unha copa ou unha medalla, un premio é un recoñecemento dunha Academia que considera un traballo por encima de outros. Así traballos como Un franco catorce pesetas, ou De Profundis veñen a consolidar a autores no panorama galego, actores como Luís Tosar ou Isabel Blanco, foron recoñecidos con cadanseu premio.  Tamén houbo recoñecementos para os máis novos no campo das curtametraxes, Cicatrices, que levou o premio o mellor curto galego, foi creado por un grupo de moz@s moi novos que con ilusión presentar o qeu a Academia nomeou como mellor curtametraxe galega do 2006.

Polo camiño quedan moitos, que non por iso deben caer no olvido, se non todo o contrario, estes espectáculos serven para crear afeción, para levar xente as salas, berce do mercado do cine, senón que sería da música sen Bethoven ou do fútbol sen Pelé?

 Por outro lado  os Mestre Mateo é un espectáculo que vale a pena ver, por suposto que ten o que os outros grandes premios, nominados, redobres e un gañador para cada un dos 26 premios (exceptuando en dirección que se repartiron premio Miguel Anxo Prado  e Carlos Iglesias), que este ano deu a Academia.

Ademáis o espectáculo deixounos un par de sorpresas moi agradables, a actuación do grupo de Tosar The Elas, no que versionan a cancións de afamadas cantantes, e o dúo cómico Mofa e Befa. A continuación preséntovos un par de videos dos citados artistas.

Un saudo, e avante co cine galego. 

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: