ATERRAR POR ATERRAR

17 05 2007

Dende fai xa ben anos o noso país está a sufrir diferentes e moi variados procesos de trasnformación da nosa xeografía,  algúns xa foron comentados neste mesmo portal, recorden “feismo en estado puro“, de todas formas, non quero que se pase por alto outro fenómeno que está a consolidarse, e cada día máis, nas nosas costas, no noso litoral, que por certo é o único que temos, que as veces non nos queremos dar conta. Este fenómeno é o chamado aterrar.

Existen moi diferentes casos, e algúns de eles moi chamativos, recurriremos a estes casos co fin de plantexar da forma máis didáctica posible cal é a tendencia “vanguardista” dos nosos “políticos” (por chamarlles de algún modo non despectivo). 

marin1.jpgUn dos casos máis significativos é a cidade de Aterra d´or cidade de costa sen mar, ou tamén coñecida como Marín terra de aterramentos. Este caso sempre me chamou a atención, pois por todos é sabido que Marín é unha cidade mariñeira, pero sin mar!! Incrible lévannos mintindo toda a vida, Marín non ten mar, o que ten é un porto e aterramentos por todos lados. Se algún ou algunha marinense quere ver o mar ten que subir a costa da morte, deixando a cada lado a Escola Naval Militar (que por certo xa é hora de que lisquen de ahí), despois baixar unha costa, qeu logo terán que facer o percorrido a  inversa, para chegar a Mogor (paraíso marinense, normal, esta praia ten mar!!) Pra rematar con este caso decir que Marín, tamén coñecida como Atasco Seguro, ten un bonito paseo urbano chamado camiño dos diabéticos, pois lonxe de ser chamativo pola súa beleza, os médicos do lugar recomendan andar por este “paseo” a carón das naves frigoríficas, para baixar de peso, baixar o colesterol,… 

Outro caso ben coñecido é o caso de Vigopuerto.jpg, tamén chamado Cidado do Kaos, onde a súa política vertebrada por politicuchos de ABRIR VIGO O MAR, parece escentilar pola súa ausencia. En Vigo quitando a zona dos ricos, Porto deportivo, o resto é de uso privado e para uso e disfrute das empresas, co fin de legalizar este proceso capitalista, formouse a Zona Franca,  proceso paliativo co cal xa se tiña total xurisprudencia sobre o terreo marítimo. Así os vigueses e viguesas quedaron sen mar. Agora queren aterrar Bouzas, para que? pois para que a Zona Franca, ou tamén chamada Zona dos empresarios sega crecendo, e para que os vigueses vexan cada vez menos mar. Eso sí cada vez estades máis preto de Cangas eh!!?? E por aquí non pasamos, non non, por iso estanse a repetir continuadamente manifestacións en contra dos aterramentos de Bouzas, os cales asistimos os cangueses co fin de que non nos coman máis ría.

 Seguirei por tanto defendendo a miña teoría de que o capitalismo (ou o porquiño polo que vale) ven a  demostrarnos cada día, que aquí quen mandan son as empresas, senón que lle digan a Corina Porro como agocha a cabeza cando Citroën alza a voz. Ou como son tidas en conta as verbas dos empresarios que gobernan na Zona Franca, eso sí os traballadores seguirán a pelexar por convenio para mal vivir. Mentres os empresarios tiranizan o obreiro do metal, póndelle rabos e cornos, …, pero esta, esta xa é outra historia.

Advertisements

Accións

Information

8 responses

17 05 2007
Barnikel

Por favor, segue así, que estás fasendo toda unha labor de denunsia sosiá, non paro de rir coas fotos e os comentarios dos jalpóns e o feísmo, ajora daslle duro ós empresarios e ós politicuchos… ¡ti si que tés juevos! ¡Dalle, dalle!, ¡onde lles doe! Ademáis, coa rasón que tés, tiñas que saír no Telexornal, ou mellor: ¡no LUAR!

17 05 2007
Alberto

Sabes ben que non comparto moitas das cousas que dices no comentario, pero iso no e aliciente para que che diga que sigas dicindo en vivo ou mediante a rede aquelo que che preocupe y o fagas sempre diste modo tan claro.
Ánimo de parte dun dos que pensa que o porquiño polo que vale ten moito sentido. 😀

Unha muy forte aperta dende Madrid.

18 05 2007
Neeno

Ese Wally jajajaja, pues si nen, a ver si se piran los militares de la escuela naval. Que lo único que hacen es pintar las pistas y cortar el cesped del campo de fútbol 2 días antes de q venga el campechano del rey en el día del Carmen.

En cuanto a lo de la costa, discrepo. Antes q mogor está Portocelo, y después Aguete… estos cangueses xD

18 05 2007
waltinho

Neno!!! JAJA. Esquencérame totalmente das outras praias totalmente. A verdade é que Portocelo e Aguete son duas praias magníficas, non hai dúbida. Un saudo para toda a xente de Marín que loita para que a Escola Naval deixe de ter sentido nestes días que corren. Un saudo!!!

21 05 2007
Fada madriña

Encántanme os apodos que lle dedicas a Marín, fáltache o de “Aroma embriagador”, porque xa está ben a Marín fanllas todas e como se nada.
¿Será que non lles importa? ¿Ou teñen intereses creados? ¿Ou a súa pituitaria é diferente á nosa?¿?

21 05 2007
Fada madriña

Encántanme os apodos que lle dedicas a Marín, fáltache o de “Aroma embriagador”, porque xa está ben, a Marín fanllas todas e como se nada.
¿Será que non lles importa? ¿Ou teñen intereses creados? ¿Ou a súa pituitaria é diferente á nosa?¿?

22 05 2007
waltinho

Teño que recoñecer (fada madriña) que non pensei en ningún momento na celulosa, a verdade non sei como se me pudo esquencer nombrar a Ence, quen lle da ela soa o nome a toda a Ria de Pontevedra ou Ria Fedorenta. Moi pronto teremos novas respecto a este punto.

Gracias polo comentario.

5 06 2007
waltinho

Teño que facer, por certo algún post sobre a celulosa!! Pero necesito inspiración, moita inspiración…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: