FESTIVAL DE CANS-COMEZA A CONTA ATRÁS!!!

23 05 2007

bichero-cans.jpg

Seguramente este vai ser outro ano no que Cans se encherá de famosos e famosas, se non que llo digan a cada unha das persoas que vai se non é famosa na súa casa, no seu barrio ou na súa bisbarra. Non precisamos de Tom Cruises ou de Angelinas Jolies, tan só un Jalpón, uns chourizos e uns viños do país. A festa, a festa facemola nós, como decían os Heredeiros  con “pan de millo, caldo e fillós”.  Tampouco precisamos políticos que veñan a sacala foto, para que? Se todo está inaugurado.

Disque que este ano os grandes atractivos van ser a caña a 1 euro, para mollar nas diferentes curtas e largos do panorama cinematográfico galego. Dende a miña humilde opinión, non deixedes de visitar tamén a Can Parade. Como dixo un “..se Vigo ten a Cow Parade nós (Cans) temos a Can Parade” Dita exposición estará ata o día 25 no Concello, e a partir do 26 nas leiras de Cans. Os “Cans” serán repartidos pola parroquia, para ir amenizando estas datas cercanas a un dos maiores festexos da vila en todo o ano.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

24 05 2007
Alberto

JAJAJAJAJAJAJJ, ben seguro que non a faltar licor café e augardente en vez de champán para amenizar as ceas a base de chourizos, cachelos e filloas. Debe de ser un festival ben curioso ise de Cans.

Unha aparta meu dende Madrid.

25 05 2007
waltinho

Olvidárame, pero graciñas Alberto, o champán escelindará pola súa ausencia. Como ben dis, a augha brava, máis o ouro negro serán boas acompañantes nas sobremesas de Cans. Hoxe é o último día para poder ver os “cans” en Porriño, dende mañá estarán nas leiras da parroquia de Cans. Anímovos a que salgades pola A-55 saída Cans.

25 05 2007
Barnikel

Ahí vai un vídeo para os jerrilleiros, por se queren amplia-la loita alén das fronteiras do Morraso…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: