A PEOR RÚA DO MUNDO

29 05 2007

calle-seixo.jpg

Dende fai ben tempo veño seguindo o inexorable avance dunha das rúas do meu pueblo. Quizáis rúas como estas existen en todos os pueblos, quizáis teñades unha en Verín ou en Ortigueira. O caso é que eu non vin en ningún outro lugar rúa como a qeu temos nós. Xa sabedes que os de Cangas gústanos presumir de pobo, e agora quero darlle un motivo máis os meus conveciños para que poidan seguir presumindo de vila.

E é que non todos os pobos do mundo poden decir que teñen A Peor Rúa do Mundo, esto pode convertirse nun atractivo turístico, como un desafogo a todas esas praias que están ateigadas nos meses de xullo e agosto. E para que os turistas de inverno poidan ver algo máis que porto deportivo. Agora podrase crear un posto de traballo municipal como guía da “Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo”. Xa o estou vendo: “Aquí a dereita a inexistente beirarúa, pero se vedes cara o outro lado veredes como tampouco hai beirarúa!” Entonces: “ohhhhh, ohhhh!” dos turistas, bocas abertas de sorpresa por que inda existan cousas así neste mundo que chamamos civilizado, e os ruidiños das cámaras fotográficas para cando volvan o seu lugar de orixe, Torrelavega, Alcorcón ou Soria, poidan mostrar os seus amigos e familiares que efectivamente esa foto é a testemuña de que estiveron na peor rúa do mundo, ( do mesmo xeito que lle insinaron a foto das góndolas cando foron a Venecia ou a foto do bus de dous pisos cando estiveron en Londres)

O guía podrá seguir decindo, “Aquí vendes unha típica construcción da terra galaica, austeridade e monocromía, efectivamente, estamos ante un románico galego dos anos 60 ou 70, pode que incluso tamén sexa dos 80 ou dos 90“. Os turistas ensimesmados optan entón por facer a foto artística. Si señor, pídenlle a un dos seus compañeiros de ruta que lles saque unha foto (que normalmente sae movida, descentrada, borrosa, ou na que os corpos aparecen cortados pola metade, inda que agora co das cámaras dixitais este tipo de delitos fotográficos está a desaparecer, menos mal que existiu un Robert Kappa) Entón terán o típico recordo do seu paso por Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo, saindo eles mesmos fotografiados.

Nese mesmo instante aparece Braulio “O Pito”, que naceu cunha extrana habilidade, coñecer os turistas dende 200 metros, entón achégase xunta deles para darlles unha pequenas nocións que o guía descoñece. Cun intento algo desafortunado de falar castelán, Brauilo O Pito, como é coñecido no bar  pola súa facilidade para chimpar claretes de dous en dous, empeza a falar: “Aquí nacín yo, efectivamente eran tempos difíciles, pero ahora mirar, que casa fixen con mis propias manos” Braulio O Pito, orgulloso do seu patrimonio, e sempre cuns viños de máis, foi moi coñecido por inventar frases como a de “unha sen aire Quini” (un vaso de tubo cheo ata arriba de viño, Joaquín) ou outras frases como “chalanas a ría” (nun plato de ensalada mollar o pan no aceite e vinagre).  Braulio O Pito vaise como viu, derrepente e sen deixar rastro, é quizais outras das súas magníficas cualidades.

Os turistas falan do autóctono, e dun estrano vocablo que soltou mentres se perdía polo horizonte Atalojo jodechinchos” (Adeus turistas). Ignorando o significado completo de moitas das frases indescifrables, cheas de filosofía mariñeira e de taberna,  por que non decilo?! O guía xa estaría medio mosqueado polo protagonismo que lle quita Braulio O Pito todolos días, e é que non hai nada pero que interrumpir, saber máis ou por en dúbida calquer cousa que diga un guía, parece que son como a Biblia, non se equivocan nunca.

maximo_rodriguez_viejo_monroe_01.jpg Aquí temos unha foto de Braulio O Pito, cando foi campión do barrio,  a súa “única vez que gañou algo, por que nin na tragaperras”  como dixo el mesmo conseguira gañar algo.

Advertisements

Accións

Information

5 responses

29 05 2007
Barnikel

Cada día ríome máis, ¡sobre todo porque sei que é verdade todo o que dis! E mellor é rir que chorar, ¿non? Primo, eres un Castelao dos blogs, facendo denuncia social a golpe de tecla, con escarnio e mira láser, pero sempre con humor. Se segues así, terminarán por poñerche un programa na TVG, ¡e non me ía perder ningún!

30 05 2007
waltinho

Algún día presentareivos a Braulio “O Pito”. É un tipo único que seguro que vos vai conmover. Un home do país, un home raro dos que din: “un home é un home e un jato un becho”

30 05 2007
martinho

que razón que tes meu! esa rúa é do peorciño que hai.. espero que o novo goberno poña as cousas no seu sitio…

31 05 2007
luscofusco

Totalmente dacordo contigho! Cando paso por alí sempre penso o mesmo… Vaia desfeita de rúa! Xa a podían adecentar un pouko!
Por certo, o meu avó decía algo paresido o do Pito: “Chalanas o mar” pero pa todo tipo de platos, non só para as ensaladas.

21 06 2007
Manuel

Walter, non me podo resistir a comentar este… jeje fijo que coñezo o Pito ese, ainda que sea de vista, porque eu tamen nacin na rua seixo!!!, jaja no edificio que empezaron a rehabilitar que fixeron nun baixo un restaurante… antigo pikadero de yonkis, esa rua é unha desfeita 25 anos ou mais sen unha obra, ladrillo descuberto e o que manda… Un saudo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: