CULTURA 100% GALEGA

4 06 2007

Hoxe fumos dar un paseo por Coiro, parroquia canguesa famosa polas meigas e meigallos que habitaron nela. Dar unha volta por certas zonas desta parroquia, é como voltar cen anos atrás (ou incluso máis, meu pai sempre dí que saimos da Idade Media para meternos en internet, e non creo que ande moi equivocado). Camiñamos a carón do rio, que entre salgueiros, castiñeiros abidueiros e algún carballo, retoman vida as sombras e regatos que se misturan, dando lugar a ducias de canles de auga para o regadio das leiras próximas. O son da auga acompáñate na andaina todo o camiño. A medida que subes pola zona do Xistro, deixando o Pazo a man dereita, está a ruta dos muiños, que dunha maneira moi peculiar salpican a zona dunha arquitectura popular respetuosa co medio, intentando aprobeitar a xeografía do terreo para erguer a construcción.

imagen023.jpg

 Os muíños, agora prácticamente todos en estado de semi-abandono, foron un eixo vertebrador da sociedade, xa que por un lado eran centros de reunión, e por outro a simboloxía dunha terra que parece ir perdendo a súa identidade o mesmo tempo que os muíños van caendo. Como se dun paralelismo se tratase, cada vez que unha pedra cae, algo da nosa cultura morre agochada na Terra.

De tódolos xeitos, camiñar por calquera corredoira do país, é voltar, en certa medida a idade media. E digo en certa medida, por que de vez en cado atópaste restos da “civilización”, un home sachando a leira, pero cos cascos postos escoitando música, ou unha señora que ven de coller auga da fonte nunha botella de Coka-Cola. Tampouco podemos esquencernos dalgunhas “restauracións” (por chamarlle de algunha maneira) que mostran todo o apoxeo da “uralita”. De todas formas non é un xuizo obxetivo decir que as restauracións se fixeron a galega, xa que moitos, por non decir todos menos un muíño, están restaurados conservando a arquitectura popular.


Accións

Information

6 responses

4 06 2007
waltinho

Por certo o muíño que mostro na imaxe é o Muíño do Fausto, como o do “Laberinto”. Penso que pode exsistir tamén un ser que simbolice o profano. Pero esa investigación deixovola a vós.

6 06 2007
will

Si vamos, unha fada con cornos e rabo e que mande lóstregos polo cu!!

6 06 2007
fada madriña

Os muíños son parte da nosa cultura arqitectónica e temos miles abandonados, se houbese interese de verdade en recuperalos , podíanse facer rutas turísticas de beleza incomparable.¿Non si?

6 06 2007
waltinho

Totalmente en consonancia co que dis Fada Madriña. Seguro que cando se lles poida sacar un partido económico alguén mirará por eles. Mentres seguiremos vendo como caen pouco a pouco.

6 06 2007
JoSe biTarrErO

Me debes una ruta por estos caminos de Coiro 🙂
Ya sabes lo mucho que me gusta vuestra tierra desde que la descubrí el verano pasado. Tenéis una riqueza increible que no debiera perderse. No me extraña que tengáis morriña cada vez que estáis lejos de vuestra tierra, a la que espero volver tantas veces como pueda.
PD: me tienes que explicar qué son los muiños, como ya hicieras con los hórreos la primera vez que ví uno
Un abrazo.

6 06 2007
waltinho

Por supuesto que te llevaré por la ruta que comento en el post, y lo peor de todo que te haré de guía, dándote el coñazo todo el camino, jeje.

“Os muíños”, su traducción al castellano es la de molino. Vienen a tener la misma función que tienen los molinos de viento, si esos contra los que el hidalgo Don Quijote de La Mancha lucha en la obra de Cervantes. En los “muíños” se muele máiz, principalmente, consiguiendo una harina que tiene diferentes usos: dar de comer a las bestias, para cocinar y hacer esas ricas empanadas, etc.
Al contrario que los molinos castellanos, los de aquí utilizan el agua de los rios (muy abundantes por estas tierras), con el fin de conseguir la energía necesaria para mover una gran piedra que se asienta sobre otra, de manera que el grano cae en el medio de las dos y se trilla y se va moliendo poco a poco. El agua es canalizada con el fin de que haga una corriente lo suficientemente potente como para dar la energía necesaria.
Es lo que viste en casa de mis abuelos cuando vinieras la priemra vez. Te acuerdas?!

Un abrazo!!!

Deixa unha resposta a will Cancelar a resposta