MORRAZO 5ª PROVINCIA!!

7 06 2007

Nestas mesmas liñas, Manolo “do Sacho” e Toñito “Clarete”, que por exisencias do guión, marcado polas casas publicitarias, tiveron que deixa-lo clásico traxe paramilitar co que sempre fixeron as distintas aparicións públicas. 

Despoís que durante o proceso electoral o C.I.M (siglas encubertas de Comando Independentista do Morrazo) mantivérase a espectativa co fin de “non enturbiar os resultados“, chegou a primeira rolda de prensa dada en total discreción e sen grandes alardes.

O seu lider espirituoso, Manolo “do Sacho”,  deixou entrever que a súa loita proseguirá, logo da “trejua pactada con fins de non politisar o politisado“, según verbas do propio lider guerrilleiro. O seu “prinsipal obxetivo é que o Morraso enteiro non sucumba ante as fauses do león vijés”. O propio C.I.M., califica o movemento guerrilleiro como un  “jato que se defende panza arriba”, polo que intuímos que cada acto do grupo morracense terá por obxetivo evitar que o proxecto de Vigo de facer a área metropolitana non chegue a producirse. A área metropolitana foi calificada polo señor Manolo “do Sacho” como un “invento para jobernar onde non poden jobernar, e ajora dende este espaso que me ofresen os medios, quero desirlle a Cabaleiro (futuro alcalde de Vijo) o mesmo que lle disen a Porro, que aquí non toca a repartir nada, que ista tarta comémola entre nós, os morrasenses”.

Debemos de salientar, sen querer entrar en valoracións persoais, o  intento de agresión verbal dun membro do C.I.M. a dous periodistas, calificados de “non jratos, por selo instrumento manipulador do consistorio vijés, sendo ademáis afíns as directrices políticas marcadas dende Vijo, e non dende Canjas, Moaña, Marín ou Bueu, verdadeiros eixos vertebradores da política municipal” Dito intento de agresión quedou en iso, nun intento, polo que o momento de tensión, xa un clásico nas roldas do C.I.M,  terminou cun comentario de Toñito “Clarete” , presumible número dous da organización e o que a priori  é o encargado da loxística do C.I.M. e man dereita  de Manolo “do Sacho”,   que aludía “a unión dos morracenses ante a incompetensia de determinados medios que só fan que aumentala crispasión entre os morrasenses”

Finalmente o lider do comando independentista, pediu explicacións a diferentes colectivos, que pouco ou nada teñen que ver co Movemento de Liberación Nacional do Morrazo (MLNM). Entre os celectivos os cales lles pediu explicacións da súa política e os cales calificou de “axentes externos o proceso de liberasión do Morraso”  encóntranse os colectivos afíns a SGAE e a propia SGAE, as FAES, a Asociación de Amigos dos Factores Financieiros de Castroverde, a Asociación de veciños da Pedra Alta e a Asociación de Amigos en Grandes Superficies. Calificando  a estes colectivos como “non jratos”. Non entendimos moi ben cales son os propósitos destes homes o falar destes colectivos, pero estamos a pensar que é outra forma, máis ben un pouco ortodoxa, de desviala atención a outros focos que lle interesan a eles.  

Por outro lado podemos demostrar que o C.M.I. ten unha financiación moi ben estructurada, servindo estas roldas de prensa como soporte publicitario para algúns dos seus patrocinadores, entre os cales reslatamos: Asocioción de Cleptómanos nas Grandes Superficies www.mangotodoloquepuedoyloquenotambién.com (páxina que non está en funcionamento, pero que intentaremos manter unha entrevista con eles), Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo www.ciberirmandade.org , e a  Asociación de Amigos das Bolboretas do Mundo  www.mariposasdelmundo.com.

Isto foi todo dende o cogollo da noticia, unha vez máis Cia. OcioloXía, manteravos informados de calquer noticia que se produza o respeto. Dende o Morrazo un saudo.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: