ULTIMA HORA DENDE O MORRAZO

13 06 2007

Dende fontes moi cercanas o C.I.M. (Comando Independentis do Morrazo) fixéronnos chegar unha serie de medidas que serán de “primeira necesidade para entendernos cos diferentes axentes socio-políticos”. Entre ditas medidas, o CIM, exise a anexión inmediata das Illas Cies e de Vilaboa dentro da denominada Quinta Provinsia.

Ditas anexións son de especial interese polo seu lugar estratéxico, aludindo a fins econímicos, sociais e culturais. Ademáis serán cuestións indiscutibles para “un bo entendemento entre as partes”.

Co fin de facer ditas peticións máis didácticas, o propio Grupo de Liberación, fíxonos chegar un panfleto que penso que será do interese de todos, podéndose facer eco nos diferentes xornais locais.

Entendemos que dita proposta pode ser de vital importancia para o desenvolvemento dos diferentes pactos políticos que se están a facer en tódolos municipios da Ría de Vigo e boa parte dos da Ría de Pontevedra. Dita imaxe que nos foi enviada carece de máis información, polo que de momento evitaremos face máis valoracións para non incurrir nunha subxetividade que poida mermar a importancia da noticia.

rande_abaixofcopia.jpg

Advertisements

Accións

Information

4 responses

15 06 2007
Barnikel

Ai, miña nai, ¿é unha ilusión óptica ou levárono de verdade? ¡Pois claro que sí! ¡Ata que non sexa gratis, que non o devolvan!

18 06 2007
Alberto

Mi maaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa istos non andan con caralladas eh,! si son capaces de facer isto inda serán valentes de cortar o tráfico de licor café, e iso si que sería un auténtico desastre. Deus nos colla confesados.

Unha fortísima aperta meu.

5 07 2007
mighel

ostia! por fin alghén que loita polo morraso

7 07 2007
waltinho

En breves teremos máis noticias sobre o movemento ndependentista do Morrazo!! O CIM está en constante movemento, valga a redundancia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: