FAR WEST NO MORRAZO

20 06 2007

Quizáis o título do post vos confunda, pero non Clint Eastwood, non gravará no Morrazo a próxima producción e por outro lado tamén decirvos que Alex de la Iglesia non nos sorprenderá cunha das súas en Cangas. Pero tranquilos, sabedes que nestas terras si que hai indios, (non sei se levan plumas ou teñen pluma). E se non hai indios polo menos seguro que hai mozos-vacas ou vaquieros (cowboys), inda que eu son máis partidario do “burro fariñento” do cal falarei algún día.

O que vos podo asegurar é que esta foto está sacada nalgunha parte da nosa comarca, non darei máis pistas, para evitar que este punto se convirta nun lugar d peregrinaxe. Quen sabe se insistides darei o lugar exacto, e poderemos estar a falar do nacemento dun Novo Camiño de Santiago de Cangas. 

imagen002.jpg

Advertisements