A PEOR RÚA DO MUNDO.- 2ª PARTE

23 06 2007

O señor Braulio o Pito vaise por onde viu, botando aquela frase entredentes “talojo jodechinchos”. Os jodechinchos (os que veñen a comer os chinchos), seguirían entón a conversa da traumada guía.

“Como podedes ver esta fantástica rúa, é real, non pensedes que isto foi creado como atracción, non non. Se vedes aquí a dereita tedes unha embocarúa que non ten saída, ou mellor dito ten saída pero se es moi atlético, abstéñanse aqueles que teñan problemas de miocardio, de retencións, de ósos, ou calquer outro tipo de problema”

acceso-calle-seixo.jpg 

Entón a guía diríxese cara o que parecía unha rúa cega (a riqueza da etimoloxía galega utiliza este termo para designar unha rúa sen saída), “como podedes ver esto non é ningunha ficción, aquí vive xente normal, que paga sen rechistar os seus impostos, pero por contra, non teñen pavimentación nas rúas, nin por suposto alcantarillado, xa lles gustaría a eles. As ratas son as donas deste descampado que acumula merda e máis merda, e os cativos xogan despreocupadamente  neste campiño”

No mesmo momento que estaban a ver o campiño, aparece Carmiña, inda que no barrio ningúen a chama Carmiña, senón que é máis coñecida polo seu apodo de guerra Carmiña A Souba. Entón “A Souba”, apoiada na fiestra, solta unha das súas: “e lojo vos de quen vides sendo?” Carmiña “A Souba”, coñece a todo o mundo, e no momento que algunha cara non lle é familiar rápidamente, solta ista frase. Teñamos en conta que esta frase E lojo ti de quen ves sendo?, e unha frase galega 100%, non olvidemos que sempre hai que responder a esta frase cun apodo, do estilo de: “Sonlle de Moncho o Chamiso” “Son fillo da Porcona” “Son neto de Serafín o Formigha” É totalmente imprescindible acompañar o lazo de parentesco co apodo do parente, no caso de non se acompañar como é debido a primeira frase sucederalle outra: ” E lojo ti de onde es?” Neste mesmo momento están a sospeitar que somos JODECHINCHOS, polo que é mellor que salgamos do apuro canto antes, de forma elegante e sen crear dúbidas que poidan ser mal interpretadas polos autóctonos. É moi importante curtar a conversa cunha resposta que deixe sen preguntas, no caso contrario, poderíamonos atopar nun laberinto sen saída,  e as preguntas irían caendo unha tras outra. Non sería o primeiro caso de turistas que sofren o chamado “trauma postvacacional da Souba”, por iso as autoridades sanitarias recomendan evitar estes lares.

Pensamos que Carmiña “A Souba” se percata de quen son “torristras”, como ela os chama, entón  comeza a falarlle de cousas que ninguén entende. Carmiña “A Souba”, non intenta nin quere falar castelán, nunca o falou, e por suposto non ten pensado falalo nunca. Ela non quere que a entendan, quere “fodelos”, “porque sempre veñen e deixan a rúa feita un cristo, ben sabemos que son eles os que queren ter a rúa chea de merda, para que isto segha a ser unha atrasión”. Razón igual non lle falta a nosa amiga A Souba, pero claro os “torristras” non saben e non conocen o humor da muller.

A guía intentando escapar segue a conversa, “se vedes para o outro lado, podredes ver este espectacular aparcadoiro, si señores e señoras, este aparcadoiro ten un record no libro dos Guinnes, é o que máis xuntas de culatas, carters e escapes estragou nos últimos 20 anos”

De fondo inda se seguía a escoitar a Carmiña “A Souba” que quedou na súa fiestra berrando, esperando a que pase alguén máis ou quen sabe, a seguir a resolvelo mundo, pero eso sí, sen moverse.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

28 06 2007
Barnikel

Fas ben en anotar todo isto, porque así afórrome o traballo. Eu ben sei do que falo…

28 06 2007
waltinho

Non entendo, claro. Pero dimo que agora quero sabelo, 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: