COUZADOIRO PARROQUIA INDEPENDIENTE

25 06 2007

Dende fai seis anos, os mesmos que desde que coñecín a Juanjo, máis coñecido por todos como “Bixo Camuñón”, tiven ganas de ir a visitala súa parroquía, Couzadoiro. Dita aldea está situada o norte de Galicia no concello de Ortigueira. Alí o tempo se detén, fica impasible ante o progreso destructivo do mundo occidental, eso si, se exceptuamos os eucaliptais (un clásico na xeografía galega).

O caso é que por primeira vez en moito tempo sentinme relaxado, sen prisas, o meu corazón botouse a descansar e desapareceron eses amagos de ansiedade causada polo ritmo acelerado co que vivimos a cotío. Sen lugar a dúbidas a compaña tamén fixo gran parte do traballo, pero noutra ocasión falarei dos couzadoirenses, agora falarei da súa aldea.

Nada máis chegar, despois de deixar a estrada que vai de As Pontes a Ortigueira dirección Couzadoiro, aparquei o coche, Txema (fiel escudeiro de Juanjo) e este mismo, esperábanme con ledicia para pasar unha noite chea de emocións e recordos tirando da nosa vaga memoria. Cando me desfixen das miñas pertenzas, ficamos falando un intre o carón dunha lareira, despois de amoxarme a casa, empezamos a plantearnos que faríamos esa mesma noite. O primeiro era ir a froita, máis en concreto a “roubar”, inda que este verbo non é o adecuado para esta situación. Fomos a casa do cura, xa se sabe, estes do clero nunca viviron mal, e o beato tiña unhas boas cerdeiras cargadiñas de cereixas que serían pra nós. Txema gabeou polo tronco ata colocarse nun “laño” e empezaba a botar cereixas para abaixo, eu co paraugas dado a volta recollía, ou intentaba, recolle-las. (Digno de vernos, un día de chuvia, a carón da Igrexa, collendo a froita que o cura non come)

Nese mesmo momento dinme conta do diferente que é a vida na cidade e na aldea, tan só necesitamos unha cerdeira para desestrexar. Nin spa, nin futing, nin “ostias benditas” (con perdón), tan só unha cerdeira. Cando tiñamos ben abondo de froita fomos para casa a cenar, posto que o postre xa o tiñamos, cereixas con leite condensada, só nos faltaba abrir unha botella de viño e brindar por calquera cousa, que máis facía falta?. Outra botella?! Seguro que tomaremos moitas máis.


Accións

Información

6 responses

14 12 2007
MANOLIÑO

ánimo e seguide así
a xente de couzadoiro, que pra min “xente de couzadoiro” é aquela que sinte couzadoiro, tanto san cristobo como san salvador, non aquela que ten os desaugues das casas directos ó rio, un tira o lixo a el, ou pon aramios de espiño nos campós, ou fala “español madrileño” para facerlle a rosca ós que veñen de fora, ou a min me tratan “de guay” por ser enxeñeiro e non por ser manoliño de mercedes de salvador da pegha, etc …
a xente e o chema, os gómez, tufino, giz, roberto do cobelo, javi fresco, maría fresca, vicky, corbelle´s people, luis de pillo, maría de pillo, os do cristo, bernardo, cristian, e un longo ecétera case tanto como o “sintoo” por todos aqueles dos que non me acordei
un saudo e habere cando facemos unha páxina do nosa aldea celta independente

28 01 2008
xan

hola,eu tamen nacin en couzadoiro y creo que e o mellor pobo do mundo. un saludo

4 05 2008
MONCHO

Xa todos me coñecedes, son Moncho do Carboeiro e levo corenta anos vivindo na Coruña que os sinto como perdidos, porque a miña terra a miña xente e a de COUZADOIRO .
A pouco mais me reventa o peito de ledicia, cando por casualidade descubrín o traballo que levades feito, pra dar a coñecer o mundo donde está, o que é, e o que pode chegar a ser o vale de Couzadoiro.
Xente coma vos e a que facia falta fai moito tempo.
Repartide un forte abrazo.

15 04 2010
cheiron de couzadoiro

COUZADOIRO CHEIRA
E TODO EUCALIPTO E SELVA

15 04 2010
COMUNISTA DO SALNES

CHEMA CORTA O PELO
COMUNISMM COMUNISMM

22 08 2013
Antonio

Yo no soy de Couzadoiro pero mi madre fue de San Salavador,conservo un buen amigo allí, que es Manolo de Rey y su familia,Pepe de America y esposa,conoci la familia de Anselmo, Maruxa de Baixas, la casa de Abelardo que en cierta ocasión fui a tocar al Salon.Tambien conoci a mi entrañable
(CUTUFA),que casara con un hijo de pillo de rego bello,en fin tengo tan buenos recuerdo de Couzadoiro, como de la tierra donde yo naci que es un
poco mas arriba, en MAÑON, De esta forma quiero enviarles a la gente de aquella aldea tan hermosa y aquel valle increíble en medio de unas increíbles
montañas,un cordial saludo a todos aquellos que puedan leer este comentario.Yo puedo escribir en gallego porque no se hacerlo, hablo en gallego como se hablaba a principio de siglo pasado,que era un gallego medio
castellano, pues en el colegio se hablaba en castellano y los libros (pocos)
estaban en castellano, época franquista,Estaba mal visto falar galego.
un saludos a todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: