O MUNDO CELTA

27 06 2007

1982.jpg

E sona unha gaita perdida nun monte da Terra do Ortegal, o son parece armonizar ca paixase que ven meus ollos. Fico teso o pé dun piñeiro, ouvindo esas notas que ouvean dentro dos meus miolos. O son melancólico e nostálxico trae recordos da terra de terras, dun mundo ficticio e real o mesmo tempo. Son e somos a vez o son dese fuelle que bota maxia pola súa gorxa de buxo. Mentres volvo o meu corpo despoís de levitar vanme pasando por diante miles de imaxes diapositadas que abranxen cada troula vivida o pé do frendoal areoso e das rúas cheas de xentes de acá e acolá, bulen os recordos por diante de min.

Segue aquel gaiteiro a darlle vida a este corpo de corpos, que máis alá das distancias un idoma fala. Un que ven da Bretaña afina o punteiro, máis da Escocia brinda con aquela “auga de vida”, que en gaélico ven a decir o que nos coñecemos por whisky. Arestora son xa máis corazóns os que laten e golpean con forza o peito dun que aloumiña a súa zanfona, para que cun par de voltas comece a ruxir o meigallo desta noite que morre no berce da mañá.

Toca o gaiteiro nesta  longa noite de pedra da que alguén falou algún día, ven traendo agarimo a unha xente que gosta de xuntarse o redor dun lume, cantar e beber no colo dun manto de estrelas que recordan que inda poden baixar os deuses celtas a remomerar as batallas contra os imperios coloniais. “De pouco seriviu a gaita” dirían algúns, máis sangue non brota da súa pel, e limpa sen rencores fai sonar o seu nostálxico néctar, aquela bebida máxica dos deuses de Olimpia.

Toca outra vez gaiteiro!!!

Advertisements

Accións

Information

2 responses

2 07 2007
Alberto

Cando te pos es un poeta rapaz. Graciñas polas tuas palabras no blog, son sempre benvidas.

Sen máis, una forte aperta e a seguir dándolle duro.

2 07 2007
waltinho

Gracias Alberto!! Un saudo moi forte. Espero que todo vaia ben, e alégrome de que as miñas verbas sexan ben acollidas alén da miña fronteira. 😛

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: