A PEOR RUA DO MUNDO III

5 07 2007

A guía, conseguira escapar  de Braulio “O Pito” e tamén de Carmiña “A Souba”. “Nun mesmo día encontrarse os dous, eche demasiado” Pensaba ela, mentras dirixía o grupo de jodechinchos rúa arriba en busca do afamado parking dos records guinnes. Ante preguntas de interese xeral dos torristas (como os chamaba A Souba) do estilo de ¿Pero cuantos coches estropeó este año el parking? ¿Cuantas ruedas se pincharon?. Todo isto acompañado dun fermoso acento madrileño, que non pasa inadvertido para os autóctonos, que andan avispados e pendientes de encontrar ese “muxo a deriva” para trincalo e darlle a tarraba tanto que non teñan gañas de volver a Rua Seixo, A Peor Rúa do Mundo, nunca máis.

A medida que suben a Rua de Seixo, e viran na primeira das duas curvas de 90 grados que ten dita rúa, vanse achegando o “parking”, por chamarlle de algunha forma. Máis ben estaríamos a falar dun descampado reutilizado, (algún día vos falarei do galego-hommo-reciclalotodo).

Xusto, exacatamente, no mesmo momento, nese mesmo intante, cando o guía empezou a falar, empezou a sentir unha estrana forza que a debilitaba, non non era alérxica a criptonita (que seguro que hai no aparcadoiro), senón que presentía unha forza que a solapaba, era como si fora achegándose unha  estrana aurea enimiga. Efectivamente eran Maruja “A Tatexa” e Angelina “Reventaflores”, outro día xa vos comentarei e vos direi de onde veñen ese alcumes. O caso é que A Tatexa e a Reventaflores, viñan parolando en voz alta (cando digo alta é altísima, parece que queren que se entere todo o barrio)…-“…Sabías que o fillo da Balbina fixolle un fillo a vesiña do quinto dereita, si si a que sempre tende a roupa media sucia.”

No mesmo instante que a guía viu a Maruja e a Reventaflores desplomouse, os turistas ficaron abraiados vendo como a guía pedía clemencia a gritos. A verdade é que nun mesmo día encontrarse co Braulio o Pito, Carmiña A Souba e as dúas sejadoras, como son coñecidas no barriio a Maruja e a Reventaflores, xa ten “juevos o asunto”, como diría o Pito.

viejas_2.jpg

Aquí as duas vellas no entroido pasado disfrazdas de elas mesmas

A Tatexa segue co seu paso acelerado, co peito inchado e botado para adiante, cun ritmo que a Reventaflores lle costa seguir, de todas formas van xuntas polo brazo, agarradiñas e unha tirando da outra. As duas levan bolsas de plástico con peis (peixe). Visten chaquetas negras, medias gris oscuro e unha permanente rubia platino que rechama. Se non foxe por que entre elas  suman século e medio, poderíamos estar a falar de duas colexialas de uniforme. Mentres ven como a guía peta co puño pechado contra o chan, gritando: ¡Non pode ser! ¡Non pode ser! A Tatexa comenta gritando a Angelina, -Desde lojo a xente estache fatal, este mundo é de tolos!!

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: