FEISMO: A CULTURA METALÚRXICA

6 07 2007

O galego, unha especie diferente cando menos a do resto do mundo, por iso volverei a definilo como o hommo-reclalotoudos. Unha definición que por outra banda pretendo, ampliar gracias a documentos gráficos estremecedores.

dsc00804.jpg

Sen lugar a dúbidas todos os que somos ou nos sentimos galegos temos unha serie de comportamentos moi singulares. Sobre todo a hora de termos que desfacer das cousas. Por exemplo, un galego nunca tira un somier, máis coñecido por todos como metálico, estranamente o nome galego, xa o delata, metálico, non vos sona a pecha cancelas ou  algo polo estilo. É lóxico un metálico é o mellor peche para unha finca, se retornades a outras das miñas noticias sobre feismo podredes botarlle un ollo a unha finca pechada por completo a base de metálicos. Pero nós xa o vemos como algo natural, pero cada vez que vexo un penso Quen sería o primeiro que colocaría un metálico como peche? Podemos decir que o tío marcou tendencia. Creou unha moda, a pasarela Cibeles xa lle gustaría ter o Manoliño da Burra (nome ficticio do inventor do metálico-peche) para que lles fixera dixeños que durarían máis dunha tempada.

Tirar un metálico é síntoma de desprestixio a cultura metalúrxica galega, pero de tódolos xeitos seguro que alguén reciclará dito metálico e ninguén será enxuizado por ir contra corriente. A cultura metalúrxica galega é como a cultura megalítica dos nosos ancestros. Alí onde antes puñan pedra agora pomos metálicos e jalpóns. Nunca, e volvo a repetir, nunca podemos deixar de falar do Jalpón e do seu primo, o Jalpón Night, ese jalpón diseñado para facer cenas cos amigos o aire libre, pero guarecéndose do rocío veraniego da madrugada.

Jalpón e metálico constitúen a razón de ser para moitos galegos, que nos sentimos cuasi-orgullosos de poder mirar cara o pasado e decir: “inda me acordo cando fixen o peche da casa, non me custou nin un peso, agora acarrexei metálicos de toda a aldea” 

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: