CONCERTOS CANGAS

7 07 2007

Inauguramos esta sección dentro do blogue, Concertos, ca Asociación Cultural a Tiradoura, dal cal inda non falara, pero que de todas formas sempre estará moi presente nesta sección.

O sábado 14 de Xulio teñen programado un concerto no seu local social, en Reboredo-Cangas (moi preto do supermercado Moldes da Avenida de Marín de Cangas). Os invitados para dito día será a Tuna Rastafari, e comenzarán o concerto as 22:30. Sabedes que podredes consumir a prezos non moi habituais na noite. Así contribuíndes tamén a que segan aparecendo iniciativas como o devandito concerto.

Advertisements




CULTURA QUENTE

7 07 2007

 

Inda que a nosa pretensión é que ocioloxia sexa un portal que fomente a cultura do Morrazo, neste caso faremos algunhas excepcións. Unha delas será por suposto o festival de Caldas de Reis, Cultura Quente, que inda contando con poucos anos de percorrido, hoxe podemos decir que é un dos festivais de maior referencia en Galicia.

A programación deste ano volve apostar por grupos galegos, nacionais e internacionais. O mellor de todo e que todo é de balde, tanto a acampada como os concertos, o malo, que nos estamos acostumando mal, o día que teñamos que pagar nun festival non vamos 🙂

O cartel deste ano podedelo ver na páxina oficial do festival, http://www.culturaquente.com/ entre os concertos quero resaltar un par de grupos.

-Galegoz, un grupo de fusión musical, hip-hop, con bases moi pegadizas, chamados a ocupar un lugar no panorama do rap en galego. A continuación preséntovos un video no que podedes ver de que van estos Galegoz. Un directo total, un directo con ganas de sorprender e de darse máis a coñecer.

Kula Shaker, cun pop-rock moi fresco, algo o que non estamos acostumados, toques funkis polo medio e con forza no directo, seguro qeu serán un dos pratos fortes do festival. Un directo moi profesional, incribles no escenario, un son perfecto e unha sincronidade entre os membros que denotan moitos kilómetros na furgoneta

-Sen lugar a dúbidas os meus preferidos son Asian Dub Foundation. Non pasarán inadvertidos, e quizáis serva para que este grupo se coñeza máis en Galicia. Aquí vos poño un dos seus temas máis coñecidos. Repito para min serán a gran sensación, cun directo que non esquencerá ningún dos asistentes.





TOCHO KACHET

7 07 2007

Hip-Hop dende A Coruña, son Tocho Kachet e son un grupo a descubrir. Con eles entendín o Hip-Hop, empecei tamén a saber un pouco máis da súa xerga, as veces un pouco Guetto, como eles mesmos definen no seu primeiro traballo profesional, Gueto Completo. A critica social e o sue tema preferido, os temas están cheos de ritmos pegadizos, letras moi traballadas e unha dose de profesionalidade que as veces tanto botamos en falta no panorama musical.

Son por así decilo hip-hop sociolóxico, son La Revelación de las Máquinas, título que da nome o seu segundo traballo, no que a técnica depurada e as letras maduran nun berce rapeiro.

Preguntándolle o   noso amigo Google,  descubro que Tcho Kachet e DelHampa fusiónanse co fin de lanzar un novo proxecto, no que se involucrarán o 100%, aparcando o TK por un tempo. Agora chamaránse Overgrounz Fam!!!

Teñen aloxados unha gran cantidade de temas cos que podes facerte unha idea de como sona o novo proxecto: http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=164925636

Non deixedes de escoitar un tema dos novos Sleeping in the Laurels, e non deixedes pasar a oportunidade de descubrir (se inda non o fixeches) o hip-hop galego, abofé que che sorprenderá.

(Trisko se les isto, disculpa se cometín algún erro cos datos, unha aperta moi forte) 





FESTICHAN 2007!!!

7 07 2007

Este fin de semana celébrase outra edición do FESTICHAN, FESTIVAL DE MÚSICAS ITINERANTES CHAN D’ARQUIÑA. O Festival nace gracias a Asociación Cultural Patajullos, culpables de que cada ano Moaña teña un festival de seu, con grandes grupos do panorama nacional.

g_vigoenfotos_3529e.jpg

O festival e totalmente de balde, tanto concertos como a zona de acampada son zonas gratuitas, polo que a organización tan só conta cos ingresos das barras e da venta de merchandising, se te achegas polo festival, e queres que outro ano se repita, fai a túa pequena colaboración e consume nas barras da organización ou merca a camiseta do festichán 2007. Sen este tipo de colaboración un festival como este terá os seus días contados.

Por outra banda o Fesitchan na súa curta historia como festival conta xa cun importante pasado. Xa no 2004, cando comezou andar o proxecto, grupos como Orquesta Republicana ou Escorzo, pero ninguén esquence que Tio Calambres (Bebe) estivo ca súa caravana xitana o festival.

No 2005 Sonotones ou Betagarri, foron algúns dos pratos fortes, pero este foi o ano no que se introduce o funky ausente na primeira edición. Foi da man de  Alcohol Jazz, banda que tivo o privilexio de introducir o funky no festival moañés. Por outra banda non podemos olvidar que todos os anos temos un representante de hip-hop, e este ano non iba ser menos.

No 2006 foi o ano que realmente se empeza a ver como aquel xerme nun outubro do 2003, falando nunha cafeteria de facer algo grande, chega a súa culminación. PAL KELLI (ex FUNKILLO), LA PULQUERÍA, BANDABARDÓ, D´CALLAOS, ARBE GARBE, SOULJACKET, DOCTOR HARAPOS…  Sobran as palabras polo que mellor ficar calados

Este ano promete, pero se queredes saber máis entrade na páxina oficial: http://www.festichan.com/

E se queredes saber Chan D´Arquiña: http://moana.servidores.net/gl/historia/megalitismo.htm