CULTURA QUENTE

7 07 2007

 

Inda que a nosa pretensión é que ocioloxia sexa un portal que fomente a cultura do Morrazo, neste caso faremos algunhas excepcións. Unha delas será por suposto o festival de Caldas de Reis, Cultura Quente, que inda contando con poucos anos de percorrido, hoxe podemos decir que é un dos festivais de maior referencia en Galicia.

A programación deste ano volve apostar por grupos galegos, nacionais e internacionais. O mellor de todo e que todo é de balde, tanto a acampada como os concertos, o malo, que nos estamos acostumando mal, o día que teñamos que pagar nun festival non vamos 🙂

O cartel deste ano podedelo ver na páxina oficial do festival, http://www.culturaquente.com/ entre os concertos quero resaltar un par de grupos.

-Galegoz, un grupo de fusión musical, hip-hop, con bases moi pegadizas, chamados a ocupar un lugar no panorama do rap en galego. A continuación preséntovos un video no que podedes ver de que van estos Galegoz. Un directo total, un directo con ganas de sorprender e de darse máis a coñecer.

Kula Shaker, cun pop-rock moi fresco, algo o que non estamos acostumados, toques funkis polo medio e con forza no directo, seguro qeu serán un dos pratos fortes do festival. Un directo moi profesional, incribles no escenario, un son perfecto e unha sincronidade entre os membros que denotan moitos kilómetros na furgoneta

-Sen lugar a dúbidas os meus preferidos son Asian Dub Foundation. Non pasarán inadvertidos, e quizáis serva para que este grupo se coñeza máis en Galicia. Aquí vos poño un dos seus temas máis coñecidos. Repito para min serán a gran sensación, cun directo que non esquencerá ningún dos asistentes.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

10 07 2007
Millan

Bueno bueno, do que me entero por aqui. Non podo mais que recomendar encarecidamente asistir a dito festival, xa que de feito farei o posible por ir. Kula shaker e asian dub foundation preto de casa e de balde e algo que non se pode perder un.

12 07 2007
rosalia

Alí estaremos para ver a galegoz!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: