FESTICHAN 2007!!!

7 07 2007

Este fin de semana celébrase outra edición do FESTICHAN, FESTIVAL DE MÚSICAS ITINERANTES CHAN D’ARQUIÑA. O Festival nace gracias a Asociación Cultural Patajullos, culpables de que cada ano Moaña teña un festival de seu, con grandes grupos do panorama nacional.

g_vigoenfotos_3529e.jpg

O festival e totalmente de balde, tanto concertos como a zona de acampada son zonas gratuitas, polo que a organización tan só conta cos ingresos das barras e da venta de merchandising, se te achegas polo festival, e queres que outro ano se repita, fai a túa pequena colaboración e consume nas barras da organización ou merca a camiseta do festichán 2007. Sen este tipo de colaboración un festival como este terá os seus días contados.

Por outra banda o Fesitchan na súa curta historia como festival conta xa cun importante pasado. Xa no 2004, cando comezou andar o proxecto, grupos como Orquesta Republicana ou Escorzo, pero ninguén esquence que Tio Calambres (Bebe) estivo ca súa caravana xitana o festival.

No 2005 Sonotones ou Betagarri, foron algúns dos pratos fortes, pero este foi o ano no que se introduce o funky ausente na primeira edición. Foi da man de  Alcohol Jazz, banda que tivo o privilexio de introducir o funky no festival moañés. Por outra banda non podemos olvidar que todos os anos temos un representante de hip-hop, e este ano non iba ser menos.

No 2006 foi o ano que realmente se empeza a ver como aquel xerme nun outubro do 2003, falando nunha cafeteria de facer algo grande, chega a súa culminación. PAL KELLI (ex FUNKILLO), LA PULQUERÍA, BANDABARDÓ, D´CALLAOS, ARBE GARBE, SOULJACKET, DOCTOR HARAPOS…  Sobran as palabras polo que mellor ficar calados

Este ano promete, pero se queredes saber máis entrade na páxina oficial: http://www.festichan.com/

E se queredes saber Chan D´Arquiña: http://moana.servidores.net/gl/historia/megalitismo.htm

Advertisements

Accións

Information

4 responses

7 07 2007
xan

acabo de chegar do 1º día de festichán e direi que foi DE PUTA NAI!!! e a tralla que nos queda hoxe tamén 🙂

7 07 2007
waltinho

Alégrome moito de que fóra unha boa noite, abofé que esta noite será cando menos igual de boa. Xan Que tal os Dios que te crew?

7 07 2007
xan

foiselles un par de veces a luz pero como o son ía igual pois tiraron para adiante, non é a música que me vai pero estiveron moi pero que moi ben

7 07 2007
waltinho

Alégrome moito de que fora todo bem (excepto o apagón, que seguro que lle deu vida o público, :P)
Xa me contarás mañán que tal o resto de festival, esperemos que non se joda o tempo. A pasalo bem!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: