MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!

8 07 2007

As diferentes fontes de información que baralla Cia OcioloXía, confirman que o Comando Independentista do Morrazo está a lograr unha gran captación social, a poboación reprobou constantemente as aparicións públicas dos máximos mandatarios do “Jrupo de Liberasión“. Tanto Toñito Clarete como Manolo do Sacho, líder espiritual do Movemento, volveron a facer unha aparición pública, mantendo unha liña de austeridade marcada pola aparición de novos patrocinios. A tensión volveu a ser a nota predominante, e “vijés“, unha das verbas máis utilizadas pola bicefalía morracense.

O tema a tratar polos independentistas foi a publicación dunha serie de postulados irrenunciables que “foron meditas a consiensia” según os mesmos paramilitares. Un dos postulados é a creación dun “Jabinete de Ecoloxistas en Acsión“. Como veñen reiterando en diferentes roldas de prensa, a natureza e o respeto polo medio ambiente é unha cuestión indiscutible. Unha das fórmulas que propón o Jrupo do Liberasión e a “tala masiva de Arcaliptos sustituindo cada un por un carballo, verdadeiro sustentador do bosque autóctono”. Eles mesmos calificaron dita iniciativa como a REVOLUCIÓN DAS CARBALLEIRAS, que consistirá en facer do Morrazo a única provincia con bosque 100%  autóctono, conseguindo un microclima gracias a humidade que contén o bosque verdadeiramente Atlántico e non o Australiano, máis seco e de peor calidade madereira.

roble, foto del roble, bosque

Os anteriores postulados, xa coñecidos no seno independentista como os “Mandamientos do Sacho” (en alusión as teorías creadas polo líder espirituoso, Manolo do Sacho) foron calificados pola prensa afín o movemento do Morrazo, como postulados polos que loitar non é un dereito senón unha obrigación dos morracensees. Por outra banda, tanto o pobo de Vilaboa como as Cies serán anexionadas e formarán parte da Quinta Provincia galega, co fin de lograr unha homoxeneidade político e administrativa. Esto é debido a que a cúpula paramilitar confirma que “os de Vilaboa son coma nós, toda a vida puteados, e ajora sumaranse o proxecto de futuro do Morrazo, por outra banda as Cies non son susceptibles de dúbida, todos sabemos que son do pobo cangués e por consecuencia do Morrazo”.

Poucas cousas quedan claras nunha rolda de prensa dos paramilitares, pero o sabido é que pode pasar de todo. De tódolos xeitos esperamos ter noticias pronto dende o propio grupo, ata ese momento so decirlles que alí onde se produza a noticia, alí estaremos.

Advertisements

Accións

Information

2 responses

11 07 2007
pepe penas

Ogalla Noso Señor deixe encher esa Provinsia de carballos. Ala por Lalin ,cando eu era neno, coido que tampouco había moitos carballos porque os mozos cando ian as festa dicían: o que me dea un pau doulle un peso, e se e de carballo trinta reais.

21 09 2007
TOMAMOS MEDIDAS «

[…] Trala toma das medidas de crise frente a esta pragha o pasado oito de xullo, reafirmámonos na “Revolusión das Carballeiras” que mediante a sustitusión dos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: