MOAÑA SONORA 2007

18 07 2007

Organizadores e músicos do festival Moaña Sonora posan cos carteis do Festival

Comeza o espectáculo!! Este é o titular dun xornal de tirada en toda Galicia, outros xornais tamén se fan eco da noticia: Este fin de semana Moaña en concerto.

A partir do venres podremos ver en concerto a  grupos que están no máis alto do panorama musical do Morrazo. O primeiro día do festival teremos en concerto a  Póstuma (dos cales gardo un bo recordo no seu directo en Cangas o día 22 de xuño deste ano), Thunn!, Estado Puro, Sley e Dr. Bourbon. O sábado Bocanegra, Barni Gambel (os cales me parecen o grupo a ter en conta), Nenö, Xeomántica e Odio e Amo cerrarán as actuacións do  festival moañés.

Sen lugar a dúbidas unha boa ocasión para volver a darlle un empurrón a música local. Que mellor sitio que a praia da Xunqueira para celebralo festival, a praia o lado, preto de Moaña, aparcamentos, lugares de esparcimento, etc. Ademáis podes mercala camiseta do festival por sete euros, na que aparece un emoticono con forma de “micro asasino” (isto según o Faro de Vigo)

Advertisements

Accións

Information

3 responses

18 07 2007
Alberto

Xa facía tempo que non me deixaba caer por acá, e iso non pode ser. Vexo que non vos aburrides alá enrriba no verao, jajajaja. Un saudo e unha aperta moi forte meu.

24 07 2007
yo

dr.bourbon os mellores, grupazo, deberian ter mais oprtunidades, en directo non paran de demostrar o qe realmente valen, moi grandes barni gambel o mesmo digo os dous mellores do festival

31 07 2007
moañes

Aparte de que a camiseta son ¡8 €! (co mesmo deseño de hai 2 anos, xa que o ano pasado non houbo nin unha misera camiseta), isto non é un festival nen nada, xa que a ausencia de barra para poder beber convirteno nun lixo o lado de calqueira evento que se poida facer neste pobo. Coma sempre todo para o intercéltico, etc, etc…

Como asistente disfrutei con tódolos grupos por igual, lamentando a ausencia de grupos como Sley, Bocanegra (inda que sobraron “Bocassecas”).

Arriba Moaña Sonora ’08 (a barra será a fonte non potable que hai a escasos 50 metros do festival)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: