ARQUITECTURA POPULAR. 1ª PARTE

23 07 2007

Hai moitas formas de definila arquitectura popular galega, pero tan so unha forma de levala a cabo. Co pretexto de  resumir cales os condicionantes que se deben dar para poder falar de arquitectura popular, pensei que a forma de didactizar mellor esta extrana cultura galega, era presentando casos prácticos. Deste modo cada un pode sacar as súas propias conclusións. Cada caso práctico é totalmente independiente e pódense dar aillados ou seugidos. Para esta serie de casos aplicaremos a fórmula matemática “a orde dos factores non altera o producto”

CASO PRÁCTICO 1.- ESTÁN A CONSTRUIR O LADO DA MIÑA CASA.

A quen non lle construiron algunha vez o ladiño xusto da casa, e co fin de entreterse botou algúns minutos observando que ocurre na obra, e sobre todo o redor da obra. Seguramente estedes a pensar que o realmente importante é o que pasa no interior da obra, pois non, o fascinanate é o que se move fóra da obra.

Poñámonos en situación. Na obra da Rúa Pasadizo de Pernas (rúa existente na Coruña), un balado separa físicamente a zona habilitada para os obreiros e a zona habilitada para os “arquitectos“. Os arquitectos poden ser varios, non ten por que ser só un, a arquitectura popular galega serve de nexo de unión para moitos arquitectos frustrados, qeu por non tela oportunidade de estudar nunca puideron desenvolver a súa verdadeira vocación. Outra curiosidade é que son prácticamente todo homes, non sei moi ben porque, nin pretendo sabelo, xa que cheirame a outro caso de machismo encuberto. O lado do balado, todas as mañás a partir das 9:00, xusto despoís de que os obreiros empecen a  xornada, chegan e por iste orde: Pepiño “O Raposo”,  Faustino “Carballón” e Manoel “O Juapo”. Son os auténticos arquitectos do país, os que dende priemeira hora están dirixindo a obra e decindo “oes moso, ijual esa pedra ahí non vai ben, proba con isoutra!!” Dentro do gremio da construcción hai un gran respeto polo Trio Octogenario, como son coñecidos polos obreiros. Tanso dan un pequeno respiro cando toca a hora da chiquita, para o trio é o seu recreo, pero entre algúns sectores fálase dun intre no que se volven  a reorganizar, como se foxe un crime organizado. Piden cadansúa “tasa de viño” e entre sorbos e máis sorbos de viño falan do acontecido do outro lado do balado. “Como sijan con este ritmo non rematan nin pro nadal, lliso que teñen un chaval que moito traballa, pero claro, é o dos bocadillos…”

Señores non mo negarán, é incrible ver como se reorganiza cada mañá un verdadeiro espazo onde se loita contra o reuma,c ontra a artrose, e demáis enfemidades da vellez. O caso é que mentres están a vela obra non hai dores, non fan falta mediciñas e o máis curioso ninguén se sinte vello vendo unha obra, senón que se sinte arquitecto, e polo tanto útil nesta vida.

O balado físico tamén cosntitúe un balado mental, e igual que unha fronteira, que non só é unha liña divisioria física, senón que ademáis o traspasala liña, encontrámonos con culturas diferentes, xentes distintas, modos de vida que difiren en tan só uns poucos metros. O balado das obras, é por un lado reunificador, xa que rara vez os vellos discuten entre eles, rápidamente chegan a un consenso, “iso así non está ben, inda van ter unha desjrasia”. Por outra banda ten unha función de integración social da terceira idade, senón que ían facer todo o día os velliños, no momento que se acaba unha obra, pois vaise buscar outra onde botalo día. Na miña opinión está mellor isto que ser un enganchado as partidas de cartas e de dominó.

Por iso quero facer unha petición, a quen haxa que facela, quero que todos os balados do país teñan algunha abertura por onde poder botar un ollo, é decir, que poidamos seguir vendo o qeu acontece dentro, non queremos que os nosos maiores se escarranchen o lombo trepando polos muros para poder facer de “Arquitectos”

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: