CIENTIFICAMENTE COMPROBADO!!!

10 08 2007

Si señores está científicamente comprobado, e moi posiblemente estemos a falar da peor rúa do mundo ou quen sabe da rúa máis popular do Morrazo. A Rúa Seixo, que os de Seixo vanse enfadar, incluso algo escoitei qeu lle queren cambialo nome, e que agora se chame Rúa Seijo, por que esta rúa é de coña, pois vamos a porlle un nome de broma. Falando de castelanizar nomes, é algo que sempre me fascinou, como somos quenes de cambiar a toponímia dunha forma espectacular, é sen lugar  a dúbidas unha das grandes características dos galegos. Pasando por alto a disputa estúpida de A Coruña ou La Coruña ( que lle chamen Koru, como todo díos de alí dí), falaremos de casos máis concretos e quizais menos coñecidos, pero non por elo menos chamativos.

Un dos casos que máis me fascina e o coñecido Sanjenjo, en lugar de SanGinés, qeu sería a correcta traducción o castelán da vila de Sanxenxo (que non me diredes, pero non vos sona mal Sanjenjo?, bueno…). Por outro lado hai outro caso que me da moito que pensar, pero co fin de non prolongalo post con divagacións persoais falarei directamente, do caso que vos falo é de Ponteareas, pois ven a traducción na ficción o castelán sería Puentearenas, non? pois ben é moito máis común oir falar de rosquillas de Puenteareas ou dos ciclistas de Puenteareas do que vós poidades imaxinar. Por outro lado a gota que colma o vaso é o intento desacertado de intentar castelanizar o incastelanizable, que quen o castelanice bo castelanizador será. O nome en cuestión é Oleiros, pois ben a algún se lle ocurriu chamarlle o negocio que rexenta de administración de fincas (inmobiliaria) Olleros, si si listes ben. Ai Ai Ai….!!!!! Existen moitos máis casos como o de As Pontes de Garcia Rodriguez, que algúns (que non son poucos) empéñanse en falr de Puentes, manda huevos como diría un que eu sei.

Como esto siga así empezaremos a escoitar cousas como Puentevedra ou La Fuensagrada. Quen sabe é cuestión que a un tonto se lle dé por falar por falar, entón todos os tontos irán a rabo del, e chamrémoslle a A Estrada, La Carretera. Ou inda mira tí, falaremos de Mugía, non como un tempo verbal do verbo mugir, senón da “traducción” de Muxía. TEMOS QUE TRADUCILO TODO?? POIS VEÑA A TRADUCIR TAMÉN O REVÉS, HABER A QUEN SE LLE OCURRE A TONTERÍA MÁIS GRANDE!!!

Advertisements

Accións

Information

3 responses

10 08 2007
martinho

anda que o “RIANJO” que usaba a DXT non se quedaba curto

10 08 2007
waltinho

Si outro caso do que me olvidaba. E seguro que quedan polo menos un por parroquia. xDD. “Orese”, “Ginzo”, “Villagarcía de Arosa”, Bayona, …, seguro que outro caso será o troco do nome do río Miño, por “Mio”

15 06 2010
Eva

O mellor de todos é “EL PORRITO” XD

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: