FESTIVALINHO 2007!!!!! 31/08/07

14 08 2007

Outra edición máis do Festivalinho!!!  Este festival de música alternativa que se celebra todos os anos polo mes de agosto dende fai tres anos, está a ser chamado un dos clásicos nos veráns do Morrazo. O lugar de celebración da festa e a carballeira da capela de San Amaro (Aldán), lugar máis que idóneo para a “práctica” de calquer festa. O Festivalinho nace a raiz de que Terra de Sons, festival máis ambicioso que nacera xa fai uns sete anos en Aldán, perdera forza e desaparecera tralo seu máis ambicioso proxecto, o traer o grupo mestizo Ojos de Brujo. A raiz de que este festival se vira abaixo, unha serie de persoas con iniciativa e nostálxicas de que se truncara a idea do Terra de Sons, xuntáronse co propósito de facer unha festa con grupos locais, servindo de soporte mediático a músicos da comarca,  facendo un festival en pequeno, de ahí o nome do festival: Festivalinho.

En poucos días publicarei o cartel xa definitivo do festival, polo de momento podemos garantir a presenza do grupo cangués Freetanga, quenes animarán moito a festa dos presentes.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

14 08 2007
Rosalía

Non vos podedes queixar coa oferta musical do Morraso

15 08 2007
waltinho

A verdade é que a iniciativa popular (enténdase dos veciños do Morrazo) está a ser cada ano máis grande e mellor. As asociacións están a desenvolver o seu traballo dun xeito exemplar, polo que debemos estar agradecidos as experimentacións de festivais, concertos, teatro….

16 08 2007
martinho

ben ben cunde
estmos petados de festa 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: