TERRACEO-DEPORTE NACIONAL

14 08 2007

No Morrazo enteiro, pero sobre todo en Cangas existe un deporte nacional, o “terraceo”. Ante calquer imprevisto, data sinalada no almanaque, xuntanza de amigos, ler o periódico, etc, o fenotipo cangués ou morracense, reacciona dun xeito similar, acude en manada as terrazas, practicando o que eles coñecen como o hobbie máis practicado en toda a comarca: O TERRACEO.

terrazapompidour.jpg

Este é un deporte no que pode participar persoas de todo tipo de idades, dende os máis cativos, que non para de gritar, chorar, pelexar e sacar de quicio non só os pais senón o resto de practicantes do terraceo, ata os máis vellos, que por norma xeral acuden de dous xeitos: un en parella, entón intentarán non decirse nada mentres cada un toma unha consumición diferente, e ante unha leve mirada ambos se entenden, e o outro xeito e a xuntanza de vellos para beber e rir o redor dunha mesa cunha boa botella de viño.

O horario de práctica do deporte é moi amplo, en Cangas para ser máis concretos practícase dende as 06:00 da mañá (no Marina), ata as 04:00 ou incluso chegando as veces as 05:00 (no botellódromo e locais afíns). É decir, podemos pasar prácticamente as 24 horas do día de terraza en terraza. É máis ti pregúntalle a alguén de Cangas que fará esta misma tarde sen ir máis lexos, a súa resposta será: “ir tomar algho a unha terrasa”. Da igual se fai moito sol ou moita chuvia, existen parasoles e toldos que paran o calor e o frio.  Do mesmo xeito podemos atopar terracistas (persoas que practican o terraceo), durante todo o ano, en diferentes prazas, ruas ou beirarúas, trocando de bares segundo a exisencia diaria vaia facendo mella. Por outra banda, falando de beirarúas, Cangas é  o único concello no que a beirarúa desaparece para dar paso a un crisol de mesas e sillas (importante todas as terrazas han de ser diferentes entre sí, dando paso a un aspecto anárquico de descontrol e kaos, que despistan o terracista, e non sabe por cal decantarse, moitos estudos de marketing sinalan esta práctica anarquista como o verdadeiro xen do consumismo abusivo)

Non en poucas ocasións tense escoitado en terrazas a xente decindo: “e logho, que imos faserlle aghora, se lle vamos tomar algho a unha terrasa” Demostrando así que dunha terraza vaise a outra, facendo qeu iste deporte se convirta nun círculo vicioso do cal é difícil de escapar.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

15 08 2007
Barnikel

Non é o único, que tamén está Verín, o que pasa é que coa calor practícase máis de noite, porque se está máis a gusto.

15 08 2007
Alberto

En Madrid incluso prolongan o tempo ata ben entrada a maña do dia seguinte, xa se sabe, como queren ser sede olímpica, poñense todos tolos a practicar deporte sin ningún sentidiño. Por suposto, eu non vou a ser menos e tamén aporto o meu graniño de area, e levo uns fins de semana indo a ista terraza: http//www.ananda.es cousa fina oes, pero sen ter preto o mar.

Un saudo dende Madrid.

15 08 2007
waltinho

Viva o deporte!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: