CONCERTO (Cangas) 24/08/07 STIGMATRIBE E PÓSTUMA

20 08 2007

A sala Molin Rouge (na praza do señel en Cangas) ten o pracer de presentar o vindeiro día 24 de agosto a dous grupos locais en concerto, sendo a hora prevista para o comezo do concerto as 22:30 . Por un lado o grupo xa consolidado Stigmatribe, que virá a presentar o novo traballo que teñen pensado sacar este mesmo ano 2007. Polo momento podedes botarlle un ollo os seus últimos temas no My Space http://www.myspace.com/stigmatribe . Stigmatribe é un grupo relativamente xove que toca tribal metal, con influencias de Pantera, Sepultura ou KTULU, sen lugar a dúbidas este grupo de Coiro, é un dos chamados a levar a bandeira do metal cangués alén das nosas fronteiras, polo que se che gusta o metal no podes faltar no c

Por outra banda, Póstuma, grupo que ben de colleitar unha moi boa crítica tralo paso polo Directo Xove, será o grupo encargado de acompañar os mozos de Coiro (Stigmatribe). Póstuma presentará temas cos que conseguiu facerse un espazo no panorama da música local. A súa xuventude non está en rifa ca súa profesionalidade, desenvolvéndose moi ben enriba do escenario. O seu estilo musical é variado seguindo un estilo metal potente e contundente. Agora deixovos o seu URL en myspace http://www.myspace.com/postuma

Advertisements

Accións

Information

One response

6 02 2008
João Marques

¡Hola!

Very good blog you have here.

Keep up the good work.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: