PONME OUTRA ANGELINES!!!

27 08 2007

Manolo “O Rincha” entra no Café Bar Juventud, bota unha ollada o seu redor, co paso firme que o caracteriza, enfila os seus 100 kg ate a barra, onde está guardado respetuosamente o seu sitio. Apoya o codo na barra e Angelines sírvelle unha copiña de caña. Antes fai o seu saudo a toda a xente do bar, non se detén en adicarlle unha verbas a cada un por separado, se non que máis ben bota un saudo colectivo do estilo “Me cajo no carallo, este mundo é unha merda” ou “quédannos poucos días, Angelines pon o de sempre”.

Mentres “O Rincha” saborea a caña, na mesa que está o lado da máquina de tabacos, non deixa de sonar un constanta murmullo que se fai entendible no momento en que algúen berra “arrastro”. Faustino, Pepiño “Bateeiro“, Ramonsiño e Suso “Melenas” (pelado, sen un pelo dende fai máis de 37 anos) xogan a súa partida de cartas, os catro toman o mesmo, un carajillo que fai Angelines como ninguén en todo o mundo. O pe da mesa fica calado coma semepre Dionisio, todo o mundo lle chama “O Xordo”, por que non para de escoitar a xente, el nunca fala, so escoita e asinte ca cabeza, “un home de poucas palabras“, di Faustino para referirse a Dionisio. Cun só carajillo poden botar entre catro e cinco horas, non son un ingreso importante para Angelines, que ven sendo a única muller que entra no bar. Os nenos tampouco parecen ir moito por alí, así que a taberneira so ten unha caixa de chicles por si “O Xordo” leva un neto canda del.

Todos botan en falta a Castroviejo, un vello que morreu fai cousa de 15 anos, algúns chamábanlle “O Filósofo”, e razón non lles faltaba, o vello era toda unha institución, nunca traballara no mar, mesmo pensan que endexamáis traballou, e según din, as mans sempre as traia “limpas e sen feridas“. Castroviejo, chegaba xunto Angelines e decía “Ponme duas Angelines“, o cabo dun rato despois de beber a súa copa ficaba calado e pensativo,  e como se tivera que xustificarse replicaba “parés que o outro non vai vir, así que vouna beber eu pa non estragalo viño”.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: