TERRA DE GONDO´R

29 08 2007

(Poñamos na nosa cabeza a música de Star Wars, e imaxinemos que os créditos de inicio están caendo e pérdense no fondo da pantalla) Existe en Galicia unha terra máis que máxica, chamaremos a esta terra a Terra de Gondo´r, que lonxe de selo plató onde rodaran grandes longametraxes, A Terra De Gondo´r é a constituída por: Abegondo, Bergondo e Mabegondo, quizáis existan máis pero este é o verdadeiro triángulo onde proxecta a forza de algo máis que un anel, aquí emítese algo máis que a nobleza dos hobbiets e dos elfos, aquí conviven os gondorianos, chegados dende diferentes municipios, para entre todos formar o que se coñece como a terra onde nunca retornou o rei.

(Agora como non, pon a música de O Señor dos Aneis) As duas torres non se construíron, excepto as torres de alta tensión que veñen de As Pontes para ir cara Turquía, digo Coruña. Na terra de Gondo´r existe unha comunidade ancestral que chora pola pérdida de poder ante os poderes fácticos urbanitas, mais en Gondo´r seguirá a loita pola súa autodeterminación e defensa dunha cultura máxico-simbólica que os grandes antropólogos definiron como a Terra entre Terras.

Para que se den conta da situación destas terras poñan no google Mabegondo, mentres eu esperaba que a primeira páxina que saíra fora a de Mabegondo ou algo relacionado co seu concello Abegondo, como sería lóxico, sae a páxina de Medio Rural, dirixido polo nacionalista Suárez Canal.  (Agora poñamos na nosa cabeza os tono dos comentaristas e a música de “El Tomate”) Estrana coincidencia? Será un caso de Iker Jiménez? Existe nesta terra un caso Malaya e quérese ocultar? Isabel Pantoja ten algo que ver en todo isto? E a gran pregunta: Por que a terminación Gondo´r nestes municipios? Que significa? Se o sabes escribenos un comentario!!! Pon a túa opinión de porque a terminación Gondo´r

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: