RANDE ENCARECEUNOS A VIDA OS MORRACENSES

30 08 2007

Alguén se parou a pensar cantos cuartos nos gastabamos os morracenses só no paso por Rande?? Estes datos foron sacados a luz fai cuestión duns meses no diario Faro de Vigo, e según fontes do rotativo vigués, estímase en 6 millóns de euros o aforro total o ano. Realmente conseguir o que se conseguiu foi cousa de moito traballo, dende o día 18 de novemobro do 1998, cando os veciños se xuntan para falar do tema do timo do peaxe, ata a supresión total e abolición do imposto medieval qeu supuña Rande, pasaron case 8 anos, a data na que se festexou a supresión do peaxe foi o día 23 de maio do 2006. Inda non pasou un ano e medio e xa nos afixemos a non ter que pagar.

Agora o caso e outra cousa. A supresión continúa, e agora queremos a supresión da AP-9. Os morracenses, como usuarios ocasionais dunha das vias máis caras do estado, e non por iso na que mellor condicións está, estamos dispostos a solidarizarnos co resto de galegos, pedindo a supresión total dunha vía que supón o motor económico galego. Fai poucos días Zapatero, no seu recuncho estival en Asturies, reuniuse co presitente astur, para comunicarlle que baixará o custo dunha das poucas vias de pago qeu teñen os asturianos. Esperemos qeu o ano que ven veña de vacacións a Ribeira Sacra, e entón terémolo no noso eido e alí faremos presión para que nos faga unha concesión ca AP-9.