RANDE ENCARECEUNOS A VIDA OS MORRACENSES

30 08 2007

Alguén se parou a pensar cantos cuartos nos gastabamos os morracenses só no paso por Rande?? Estes datos foron sacados a luz fai cuestión duns meses no diario Faro de Vigo, e según fontes do rotativo vigués, estímase en 6 millóns de euros o aforro total o ano. Realmente conseguir o que se conseguiu foi cousa de moito traballo, dende o día 18 de novemobro do 1998, cando os veciños se xuntan para falar do tema do timo do peaxe, ata a supresión total e abolición do imposto medieval qeu supuña Rande, pasaron case 8 anos, a data na que se festexou a supresión do peaxe foi o día 23 de maio do 2006. Inda non pasou un ano e medio e xa nos afixemos a non ter que pagar.

Agora o caso e outra cousa. A supresión continúa, e agora queremos a supresión da AP-9. Os morracenses, como usuarios ocasionais dunha das vias máis caras do estado, e non por iso na que mellor condicións está, estamos dispostos a solidarizarnos co resto de galegos, pedindo a supresión total dunha vía que supón o motor económico galego. Fai poucos días Zapatero, no seu recuncho estival en Asturies, reuniuse co presitente astur, para comunicarlle que baixará o custo dunha das poucas vias de pago qeu teñen os asturianos. Esperemos qeu o ano que ven veña de vacacións a Ribeira Sacra, e entón terémolo no noso eido e alí faremos presión para que nos faga unha concesión ca AP-9.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

30 08 2007
Alberto

¿Estado de de Benestar sen impostos? Non coñezo isa fórmula. ¿Ou é que de repente nos volvimos todos liberais? ¡A claro, xa entendo! Mentras as estradas as fagan os europeos pailans do norte, que pagen os impostos eles.

Nin na miña brageta nin na miña carteira. Un saudo dende Madrid, Comunidad de doña Espe Smith Aguirre, liberal por la gracia de Rajoy.

30 08 2007
waltinho

Unha cousa é liberalismo e outra e sermos imbéciles. Somos a autonomía con menor renta per cápita (a terceira pra ser máis exactos), e sen embargo temos a autovía máis cara do Estado. Por outra banda se queremos que un país crezca precisamos darlle unhas infraestructuras adecuadas, e a AP9 é unha tomadura de pelo.

Sen lugar a dúbidas a baixada dos peaxes fará que as emrpesas poidan invertir máis cuartos en I+D, en lugar de pagar as peaxes da autopista. Ademáis se lle baixan a Asturias o peaxe por que a nos non?!

31 08 2007
Alberto

Si pero non, porque resulta que a cousa e así. Cando nunha autopista (AP) existen peaxes, e porque o Estado decidiu no seu momento traspasar a inversión de facer isa AP a unha empresa privada. Ista empresa privada, a cambio, como toda empresa privada, obtén beneficios da sua inversión mediante as peaxes. Neste tipo de peaxe, chamado aberto ou de uso, só pagan os usuarios da AP. No referente a AP9 costou no seu tempo 1.428 millons de euros. Se o presidente do goberno decide facer unha rebaixa dos prezos pode facer duas cousas:

a.- convencer a empresa privada que baixe os prezos
b.- unha baixada virtual dos prezos, que consiste en que o Goberno financia parte do prezo que perde a compañía e que deixan de pagar os cidadans. E o que se chama peaxe en sombra.

Se logra o primero, benvido sea. Pero se o que consegue e o segundo, o único que está a facer e pasar o prezo via imposto a todas as persoas, independientemente de que fagan uso ou non da AP.
Pero vaiamos mais aló. Conformaranse os cidadans do Morrazo cunha baixada, ou loitarán ate que sexa gratis. Nese caso, cando a empresa privada xa non ten incentivos nesa AP, qué vai obligala a o seu manteñemento. ¿Lebará o Estado ise traballo?.

Ademais, por último, se ben e certo que o ter infraestructuras supon unha base primordial para o desenrolo, non e o único. Irlanda estableceu os pasos de desenvolvemento o revés que España, primero invertiú os cartos da EU en mellorar as suas escolas, potencias o uso das TIC, favorecer o establecemento de empresas de nova xeración. E agorá e cando empeza a construir as infraestructuras necesarias. Claro que a milagre do tigre celta ten unha cara que polo xeral moitos non queren ver, que foi a progresiva liberalización da sua economía, a sua cada vez menos rixidez laboral, etc.

Unha forte aperta dende “La Villa y Corte de Madrid”. Cidade que ten o privilexio de ter a AP mais cara de España, a que une Madrid cá terminal 4 de Barajas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: