VOLVE O CINE-CLUBE- Cangas Auditorio Municipal

6 09 2007

Un ano máis volve o ciclo de cine do cine-clube da man de Xiria (http://www.xiria.org/cineclub.htm). Sen lugar a dúbidas temos un ciclo cheo de boas películas entre as cales gustaríame resaltar unha: 12:08 O Leste de Bucarest, pelicula rumana do director CorneliuPorumboiu.

O primeiro filme desta nova tempada será o 7 de setembro as 20:30 h , co film británico de  Tristam Sandy de Michael Winterbottom. A continuación mostro o cartel deste mes, e o final do post podredes botar unha ollada a ficha técnica de Xiria sobre a película de mañá.

imagen131.jpg

TRISTRAM SHANDY
Gran Bretaña, 2006

Dirección Michael Winterbottom
Intérpretes Ian Hart, James Fleet, Robert Cedric Sheriff, Shirley Henderson, Gillian Anderson, Steve Coogan, Greg Wise, Dylan Moran, Naomi Harris, Rob Brydon, Keeley Hawes, Raymond Waring, Conal Murphy, Joe Williams
Guión Martin Hardy (Novela: Laurence Sterne)
Fotografía Marcel Zyskind
Música Michael Nyman
Duración 94 m.

Sinopse
Un perfecto cabaleiro inglés, Tristram Shandy, sae do seu ancestral fogar, Shandy Hall, para presentarse educadamente. Disentindo da idea de que non se poden facer parvadas cos detalles da túa autobiografía, Tristram lánzase coa historia da súa vida dende o comezo: o seu nacemento.

O noso narrador pronto se ve distraído pola visión do seu tío Toby e o seu amigo, o Cabo Trim, mans á obra traballando na reprodución do sitio de Namur en 1965, onde Toby sufriu feridas embarazosas. Por suposto, ningunha historia sobre o nacemento de Tristram estaría completa sen unhas palabras sobre oseu pai, con inclinacións polo intelectual, un home moderno que observaría cada detalle da existencia do seu fillo, incluídos os medios polos que foi traído ao mundo..

(Ficha técnica do CineClube de Xiria)

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: