A SEGUNDA PEOR RÚA DO MUNDO

26 09 2007

A segunda peor Rúa do Mundo é a chamada por todos os cangueses a Rúa do Chouriso,  ou cando falamos xa directamente dicimos O Chouriso, a súa forma de ese é o que lle da este nome, inda que moitos pensen que é por outros motivos, algúns deles moi xustificables (defecacións de cans) Esta quizáis sexa a rúa con máis defecacións (por decilo finamente) de cadelos de todo o Morrazo. Nalgunhas ocasións, os veciños da Pedra Alta pensamos que esta era unha iniciativa municipal para espantalos turistas desta zona, inda que tras diversas divagacións demos ca resposta, os nosos veciños son uns porcos. Por outra banda, teño que resaltar que esta rúa está “comunicada” ca Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo, algún día vos levarei por ese camiño que une ámbalas dúas ruas,  e que Carmucha, cargada cas bolsas da compra, ten que atravesar tódolos días.

Carmucha sempre comenta cando sube polos penedos que a levan do Seixo o Chouriso, “calquer día filliño, non volvo, métome tal ostión que revento a crisma e ninguén se entera neste estercoleiro”. Tódolos días ducias de persoas atravesan dito pasadizo, que está cheo de ratas tan grandes como o gato da Lorchiña, o “ghato”, como di ela, está gordo, fai tempo que non colle nin un rato pequerrecho, el sabe que tódolos días a Lorchiña lle pon as sobras da comida e da cena, “suficiente se non veñen as cabronas das gaivotas” (pensa o ghato). Este e outro inconveniente, as gaivotas aliméntanse dos restos dun hiper que hai na rúa, e as beirarúas están cheas de merda (literalmente), gaivotas asesinas, plásticos, alimentos en claro estado de putrefacción, etc.

Pero o que máis me estrana é a beirarúa, bueno que aquí no Morrazo sempre se chamaron “aseras”, e qeu por outra banda son totalmente ineficaces. Aquí as beirarúas non se utilizan, e un gasto innecesario, se ves unha persona que inda tendo beirarúa prefire ir polo asfalta, pensa que igual é do Morrazo. Inda sendo innecesarias, polo menos podrían rematalas, xa que dende que asfaltaron a rúa, fai uns 10 anos, está igual, todo en cemento. Manoel, un vello octogenario do barrio, que sempre vai atavaido cunhas medallas colgadas do “pescoso” e cunha camiseta do seu neto cunha estrela de cinco puntas amarela, vai esquivando as merdas dos cans, a merdas que soltan as gaivotas, os baches do asfalto, as farolas que se incrustan na beirarúa, os regos de auga que caen do ceo (das terrazas dos edificios)  Calquer día o Manoel reventa e manda a todos a rascalo carallo, e eso que leva xa uns anos sen falar.

imagen140.jpgimagen141.jpgNesta segunda foto vendes a entrada o pasadizo que nos leva a Rúa do Seixo.


Accións

Información

3 responses

26 09 2007
martinho

xDDDDDDDDDDDDDD
Excelénte análise desa horrible rúa e como non, do mítico “Manoel”. Dicir que está conectada como non, coa peor rúa do mundo jaja

18 08 2010
tanisgamuzo

Os Cangheses empre queixándose, esa é unha zona peonil con vistas ao mar. Ademais esta axardiñada, con xardiñas claro.

4 03 2012
jiuston

EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEHHHHHHHH!!!!!!!!!!!!!!!!!.Coidadiño que agora xa é unha rúa decente xa que está ben asfaltada e coas aceras ben postiñas!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: