A SEGUNDA PEOR RÚA DO MUNDO (2ª PARTE)

21 10 2007

Xosé Alexandre Cribeiro un histórico comunista do PC, morre no ano 1995, xusto no ano en que a coñecida Rúa do Chouriso, pasa a ser oficialmente Rúa Xosé Alexandre Cribeiro, inda que ninguén pregunte pola rúa Cribeiro, xa que ninguén a coñecerá. De tódolos xeitos Ocioloxía vai facer unha proba, mandando unha carta a unha casa elexida o azar de dita rúa, pondo no enderezo destinatario Rúa do Chourizo, chegará??

Dende fai uns anos os veciños da Pedra Alta vimos como esta simbólica rúa, pasou de ser un camiño de penedos a un camiño asfaltado e minado, minado de coches e de excrementos como xa comentamos na primeira parte deste post. Por outra banda, a iluminación tenebrosa e un asfalto máis ben arcaico. Dende sempre, Ramón “O Raiote”, foi un home acostumado a vivir nun estado fronteirizo, el sempre decía, “despois de vivir na Juardia, dixen, ajora necesito un pouco de trankilidade, así que compreime un terreno na Pedra Alta, que antes era moi lonxe de Canjas, ajora está cheo de cadelos que mexen e cajan máis que cuartos jañan os bancos” O Raiote, é un tipo especial, non fala moito, tan só mira, cando vai xogar a partida el é o mellor cos signos, no mus chámanlle Ordajo, é un gran xogador de cartas e un gran campeón chimpando claretes as doce da mañá.

Moitos síntense identificados conese home sin lingua, calado, con cara de poucos amigos, cun pasado máis ben escuro, sábese moi pouco do home da Juardia, tan so que andaba traballado de Guardia Civil, perseguindo os contrabandistas, que por aquel entonces non era o mesmo que agora. Despoís por non saber, non sabemos se ten fillos, muller ou irmáns, pero que máis da, el é un veciño do Chouriso.

Advertisements

Accións

Information

7 responses

22 10 2007
martinho

Se é certo, unha calzada romana está moito mellor que esa trangallada de rúa chea de merda e ouriños caninos con farolas que se acenden e apagan seguido por arte de maxia…

Estou seguro de que a carta chegará ó seu destino xD

25 11 2007
aCm

Pois si o carteiro recorda que a rúa foi á do Chouriso si que chegará a carta, pero dende logo paréceme máis significativo que dita rúa leve o nome dun significativo escritor galego como Alexandre Cribeiro, que fixo algo máis pola nosa terra que o “chouriso”.
Outra cousa é que a rúa este feita unha porquería, niso si estou dacordo có que escribe pero hai que aprender a separálas cousas.
Eu estou dacordo cós que defenden a pervivencia dos orixinais nomes das rúas pero neste caso considero imprescindible o haberlle dedicado unha rúa a este ilustre persoaxe nado en Cangas.

25 11 2007
waltinho

É moi discutible que Cribeiro fixo máis pola terra que o chourizo, ou polo menos isto é o que opina a miña abuela. Por outro lado si que tes razón, fai falta adicarlle unha rúa a este ilustres cangués, isto por suposto, pero tamén encontro rúas con nomes un tanto fóra de lugar, dos cales agora prefiro non lembrarme.

De tódalas formas gracias pola reflexión.

29 11 2007
Pinto

En ves de falar desa rúa tés outras pra ataca, non cres?. Porque non dis nada de rúas como Barbate, Arrecife (Salgueirón), Isla Cristina, Santa Pola,…? Todas se refiren a vilas españolas que si que non teñen relación connosco. Agora, un escritor cangueiro como Alexandre que estiivo en Brais Pinto, un dos movementos literarios dos que agromarían fundadores das novas forzas políticas nacionalistas de esquerda como Ferrín e compañía. E se é de Cangas… joder, algo haberá que adicarlle. Ti verás.

17 12 2007
Xan

Son un vesiño da rúa do Chouriso. Chamome Xan o Castrexo, ainda que todos coñécenme no meu pobo (alá pola Fontenova) como Xan do Camiño. Escuitei o outro día, sentado no Bernabeu, como o meu bon paisano Pepiño, falaba deste bloje de ocioloxía, que a minha rúa era e peor du mundo. E quero disir, que O Chouriso,é unha rúa ao fim e ao cabo, que pois, fai a funsión para ela consebida, que é de permitirnos o paso as nosas vivendas.
Ai se coñeceras as corredoiras do meu pobo, enchentas e bosta, con cheiro a cortello fresco, iso, si que che era unhas ruiñas pouco feitas.
Así que viva O Chouriso. Jalisia ceibe!!!

1 05 2008
Xurxo

Pois a min pareceme moi apropiado que a “rúa do Chouriso” leve agora o nome de Xosé Alexandre Cribeiro. O tempo poñe a cada un no seu lugar.

2 05 2008
ocioloxia

Parece que entendedes que non me gusta a vida e obra de Cribeiro. Todo o contrario, ben é certo que son moitos os lugares e rúas que teñen nomes absurdos, e sen embargo non atendemos a toponimia popular e tradicional como se merece. Tal é o caso da rúa do Salgueirón, agora convertida na rúa Arrecife.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: