SOMOS DO MORRAZO

21 10 2007

Finita, que non é a muller de Finito de Córdaba, e Carmucha, veñen de vendelo “peis” na praza de abastos, ou como elas mesmas din: “na prasa”. Son mulleres bravas, das que non lle cuspe ninguén enriba, son mulleres con tantos anos como enrugas teñen nas súas facianas, cunha tez morena e cuns coloretes constantes, como se lle pegasen o tintorro. Elas fan o que lles peta, por exemplo, elas non quedan na fonte da alameda, senón que o fan no “chafaris”.

Son mulleres fieis, bravas, relixiosas e sobre todo cunha rutina que é difícil de romper. As cinco érguense, as 13:00 empezan a facer a comida, as 15:00 póñense a ve-lo parte, as 16:00 a telenovela (durmen a sesta), as 19:00 están pensando na cena e as 21:00 están preguntando en que bar estará o seu home. Se non chega Manolo saen a dar un paseo, en parellas ou trios, van a paso rápido, polo peirao ou pola marina, van cara Rodeira como se lles foxe a vida nelo, a un paso nervioso e constante. Van falando todo o tempo, “que si o fillo de Carmucha está enjanchado as drojas…, que si a moza do neto da Rosa está estudiando pra médico…, que si o alcalde resiviu a Florensio no despacho…” Cando se acaban as conversas, sempre queda recurrir a temas trivais, o tempo é un dos seus preferidos pero sen facerlle feos o gran tema dos dores e penurias que atravesan, inda que cando xuntamos os dous temas, tempo e dores, temos o tema trival estrela, “que si a neboa esta estame a dar un dor de pernas que nin o demo,…”

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: