CARTA O CONCELLO DE CANGAS!!! PARTE PRIMEIRA

26 10 2007

Dende Ocioloxia sempre intentamos manternos un pouco o marxe das ideoloxías partidistas e estúpidas que non levan a ningures, procurando achegarnso máis o humor e a crítica social que ó mundo sensacionalista e a prensa amarela. Dende unha postura sinxela, esta que me outorga o non estar afiliado a ningún partido político, podo agora facer diferentes reflexións de carácter social, económico e político, dentro das miñas limitacións, sen ter medo a incurrir en ningún tipo de falta de doutrina partidista.

O caso é que o consistorio municipal cangués, o Concello, e os nosos representantes políticos (representantes: que bonita palabra tan mal empregada por algúns), consideran oportuno loitar contra o botellón. Fantástica idea!!! Bravo!!!! Tirémoslle cacahuetes os monos da Madroa!!! (léase con tono irónico) Unha vez máis a incompetencia da dereita limitada polo seu araico plantexamento da vida social dun pobo como o noso, e a prepotencia da esquerda, cun plantexamento non menos arcaico pero sí máis modélico de cara a galeria, fannos replantexarnos que demos levamos facendo perante todos estes anos. Loitar contra o botellón prohibindo a venta de alcohol en locais como o 24 horas!!!! Fantástico!!!! E unha vez máis tirémoslle cacahuetes os monos da Madroa, ou mellor tiren un político, ou non, igual indixestan, pobres monos!!! (de novo léase con suma ironía)

Unha vez máis, volvo a facerme acopio de moitas reflexións de diferentes mozas e mozos cangueses, o botellón, situado no Heliporto (“O Heli”, pros máis novos, “A Chati” pros non tan novos), ten unha característica perfecta que moitos dos nosos pobos veciños desexarían, ter un eido físico no que a xuventude poida xuntarse, falar, berrar, saltar, rir, cantar, e por que non decilo, beber (que por agora non é delito), sen que ningún veciño cangués poida ter queixa polo ruido e a suciedade que inherentemente ocasiona un botellón.

Pero, aquí hai algo que falla, se non hai damnificados, por que se loita contra o botellón desta forma? Algúns pensarán, como que non hai perxudicados?? Incluso diría máis, cal é a razón máis importante de que isto se faga?? A económica!!!. Ben temos o punto de partida, un punto de partida capitalista e economicista, pero que presupoño que non estará moi desencamiñado. E máis apresúrome a decir quen pode estar detrás de todo isto: FECIMO (Federación de comerciantes e industria do Morrazo) Por un lado, penso que foron os locais de copas, de viños, de tapas de comidas, etc. os que puxeron o grito no ceo, “O Concello permite un botellón pola falta de leis prohibitivas a cerca do consumo de alcohol, ademáis os nosos locais están vasios por que se enchen no botellódromo e logho veñen aquí cejos como raios e non beben nin unha copa (eles chaman copas a esas mezclas etílicas que chamamos garrafón, e qeu inda por riba che cobra un ollo da cara, non sería máis sinxelo por o Dioni na entrada e que roubara a carteira)Pero, farto de escoitar sandeces deste gremio, espoño o meu punto de vista, e non por isto irrevocable, QUE TEÑEN FEITO OS EMRPESARIOS HOSTALEIROS CANGUESES PARA EVITAR O BOTELLÓN?? BAIXARON OS PREZOS?? OFRÉCENNOS ALGO QUE MEREZA A PENA?? A CALIDADE DO SERVIZO, ENTÉNDASE POR CALIDADE GLOBAL, MELLOROU??

A continuación mostro un escrito de fai tempo, no que presento un pouco a miña ideoloxía, por chamalo de algunha forma, no que sen estar nin a favor nin en contra do botellón, podemso crear un cento de causalidades que fructifiquen nun senso común, o menos común de tódolos sensos.

“Vamos a ver, es muy fácil hacer demagogía con este tipo de hechos
sociales. La perturbación, el desajuste y el balanceo de las bases
sociales desestabilizan la organización política municipal,
autonómica y estatal, falta revisionismo de leyes, la inamovilidad no favorece a nadie, o si?. Las bases predispuestas desde los organismos
públicos no son realizadas y pensadas de manera eficiente. Se ha
trastocado los lindes del fanatismo al querer prohibir algo a nivel
nacional, cuando en la mayor parte de las localidades de Galicia,
por ejemplo, no existe un serio problema con el botellón
(exceptuaré A Coruña). Los periódicos, televisiones y radios, han
demagogizado con gran sorna al Botellón, pero el Gobierno (ya sea
azul o rojo) no ha querido presentar una propuesta real al
problema, ha preferido limar asperezas con los sectores
victimizados del botellón, con el fin de ganar votos. De esto se
trata en este “país”, hacer política no puede ser prohibir, hacer
política es, a veces, tomar decisiones. Gobernar es pactar, pactar
no es ceder!!!!

De todas formas y volviendo a la base de tu comentario, sin ánimo
de lanzar palabras hacia la galeria, intentaré darte un ejemplo en
el que de la manera más didáctica posible, pueda expresar mi forma
de pensar. Creo que se está relativizando demasiado, a la hora de
querer una ciudad sin contaminación acústica, pero en Mos o en Alvedro, existe un aeropuerto, que lejos de cumplir con los
parámetros designados por ley de máximo de decibelios, se le prepara un cobijo social, amparado de una legislación que se vuelve
siemrpe contra el que menos puede defenderse. Con el fin de
>demonizar, y dar a la sociedad un ejemplo a seguir. Cuidado no te
conviertas en la oveja negra!!!
Este es un ejemplo sobre el ruido en los botellones y el ruido en >>los aeropuertos, pero y en cuanto a la limpieza. Los puertos de
trasatlánticos, pesqueros y mercantes de Vigo o Coruña, dan
verdadero asco, son lugares habilitados para la suciedad y la
limpieza pues brilla por su ausencia. Mis montes están llenos de
vertidos incontrolados, colchones, botellas, pláticos, lavadoras,
se amontonan en medio de pinares o robledas.

Espero que de alguna u otra manera haya sido un poco conciso en mi
punto de vista. En el cual además he evitado entrar en causas
económicas, lo que mueve el mundo, y que de manera implícita está
en cada una de mis palabras.”

PRA REMATAR QUERON NON PEDIR DISCULPAS A TODOS AQUELES QUE SE SINTAN ALUDIDOS, XA QUE ISA É A MIÑA INTENCIÓN, DENUNCIAR A INCOMPETENCIA SOCIAL, ECONÓMICA E SOBRE TODO POLÍTICA DE RESOLVER UN PROBLEMA QUE NOS COMPETE A TODOS.

MEDIDAS  SÍ, ESTUPIDECES NON!!!

Advertisements

Accións

Information

10 responses

27 10 2007
Alberto

So unhas pequenas puntualizacións a tua opinión.

Cando dis “cal é a razón máis importante de que isto se faga?? A económica!!!. Ben temos o punto de partida, un punto de partida capitalista e economicista, …” tiras pedras contra o teu propio tellado. O razoamento económico de protesta que leva os donos dos locais a protestar e o menos que leva a moitos rapaces a beber no botellón, pois en ambos casos se trata de maximizar os recursos dos que dispón cada un. Os donos a gañar cantos cartos poidan cá sua actividade e por outro lado, os consumidores (rapaces) a buscar a opción de prezo más axeitada a sua carteira. Mentres que beber nun local é caro é bó para o dono, é malo para o consumidor é viceversa. Vertes a crítica a unha visión económica capitalista cando inda por riba, liñas mais adiante usas o razoamento capitalista para defender as tuas teses: “QUE TEÑEN FEITO OS EMRPESARIOS HOSTALEIROS CANGUESES PARA EVITAR O BOTELLÓN?? BAIXARON OS PREZOS?? OFRÉCENNOS ALGO QUE MEREZA A PENA?? A CALIDADE DO SERVIZO, ENTÉNDASE POR CALIDADE GLOBAL, MELLOROU??”. ” Iso amigo meu, é un razoamento económico en toda regra e moi capitalista por certo. O que deberías criticar e a interferencia dos políticos a hora de deixar o mercado autoregularse. En vez de intentar que oferta e demanda busquen o seu punto de equilibrio, os hosteleiros recurren (ollo, lexitimamente) o concello para buscar solucións, e os poderes públicos, en vez de negarse e decir “sinto, iste é un problema de mercado, eu non interveño”, fan todo o contrario, porque o fin e o cabo, todo político leva dentro un pequeno interventor da economía que pensa que sabe como resolver os problemas do mercado, e o que o gran pensador Hayek (olvidado como outros tantos nas facultades de socioloxía deste país) chama a “fatal arrogancia” dos gobernos.

Por outro lado no comentario en castelan dis que é facil caer na demagoxia, e ti mesmo es víctima dela. Os problemas acústicos e de suciedade dos botellons non están excusados polos aeroportos ou a suciedade dos portos. Defender unha “merda” con otro tipo de “merda” e xuntar moita “merda” e só leva a manchar as mans e cheirar mal. O argumento de que como Alvedro fai ruido, ou o porto está sucio, otorga un salvo conducto o botellón para facer ruido e manchar, é, estimado Walter con todos os meus respetos, unha demagoxia.

Unha aperta dende Madrid, a cidade de Doña Espe, defensora de causas pobres e protectora de Federicos perante reis e monarcas.

27 10 2007
waltinho

Cando falo do tipo de razoamento capitalista non estou enxuizando nin positivamente nin negativamente, tan so buscando cal é a causa. Non entro en valoracións de ningún tipo. Por outro lado, decir que fago demagoxia, … intentando dar unha visión do que son as nosas cidades é un tanto simplón (palabra moi de moda agora). Intento explicarme, o fragmento en castelán está sacado dunha discusión nun foro deste blogue, polo que é imposible entender a demagoxia da que falo se non o buscaches. E si quizáis podes decir que é demagoxía, bravo, fantástico, tirémoslle cacahuetes o mono da Madroa!!!! Gracias por intentar ver o que todos queremos ver, un problema que se intenta arreglar da peor forma posible. O igual que na logse (non sei como se escribe) qeu fracasara en outros países, o que intentamos razoar é que este plantexamento do consistorio cangués non é o máis axeitado para combatir o botellón, xa que en Madrid como ti ben sabrás, está prohibida a venta o público de alcohol a partires das 10 da noite. Que pasou en Madrid?? Acabouse o botellón?? Ou simplemente trocou de forma?? Os mozos cambiarán certos hábitos e xa está. Gracias por seguir facendo de ti un esbozo economicista puro, dándonos leccións semrpe que é posible. Gracias

Por outro lado cando dis “So unhas pequenas puntualizacións a tua opinión”, entendía que ían ser unha pequenas puntalizacións.

Repito non estou “tirando pedras contra o meu propio tellado”, xa que por un lado inda non me emancipei (non teño tellado) e por outro en ningún caso critico o razoamento capitalista, o cal tampouco defendo, xa que pra iso xa estás tí, amigo Alberto, sacando en cada moemnto que é posible a bandeira co símpolo do dolar e do euro unidas, mentres os símbolos están pisando África.

Volvo a repetir non fagamos razoamentos simplistas, empezando por min o primeiro

28 10 2007
Alberto

Estimado Walter,

Pensaba que estabas hecho de otro tipo de madera, aquella que cuando lee una crítica, la acepta o rechaza, pero sin perder las formas nunca. En ningún momento de mi comentario he realizado un insulto contra tu persona, algo que en tu respuesta no paras de hacer:

Gracias a ti por acusarme de las desgracias de millones de personas en el Tercer Mundo. Sin embargo, ya me han acusado tantas veces de ello que me pregunto que si antes del dolar y el euro en el mundo no había ningún tipo de problema. Parece ser que desde que el capitalismo anda por el mundo, una región del planeta pasa por dificultades que antes no tenía, y claro, yo pienso, espera, pero antes europa y estados unidos pasaban tanta miseria como los paises africanos o asiáticos. Europa pasó hambrunas, pestes, enfermedades que diezmaban poblaciones enteras, como en África, qué narices pasó para que dejase de ser así. Yo pienso, ojalá África tuviese más capitalismo, ojalá ese capitalismo que está levantando de la miseria a la India, o levantó de la miseria a Chile, o está permitiendo que China tenga menos pobres, o que permitió que España en menos de 30 años pasase de un país pobre a la octava economía mundial llegase a África. Pero no, por lo visto hay mucho egoista que se niega a que el capitalismo llegue a esas zonas, pues nada, los defensores del dolar y el euro seguiremos siendo los culpables, mientras los anti-capitalitas, comunistas, anti-sistema siguen viviendo en paises ricos, viajando con el dinero de sus padres, pasando el verano de vacaciones en la playa y comprando alcohol para sus botellones en vez de estar en el meollo del problema. Y si, por supuesto que estoy siendo demagogo, pero no me importa.

” Gracias por seguir facendo de ti un esbozo economicista puro, dándonos leccións semrpe que é posible. Gracias.” Los términos acabados en -“ista” significan radicalidad, fundamentalismo, alienación irracional (islamista, nacionalista, positivista) a un concepto o término. Cuando lo único que hago es que simplemente parto de un camino que tú mismo abres en tu comentario. Si lees mi primer comentario, comprobarás que cito textualmente tus argumentos, los cuales tienen una base económica pura; lo único que hago es profundizar en esos argumentos, intentado mostrar que si usas el razonamiento económico como posible punto de partida, lo desarrollas de forma que acaba perjudicando tu argumentación. Porque dices que por culpa del capitalismo económico de la búsqueda de beneficio, los empresarios hosteleros quieren presionar a las autoridades a prohibir el botellón; pero seguidamente te preguntas que han hecho esos mismo hosteleros para evitar el botellón desde la óptica de mejora de servicios y precios, y eso es economía pura y dura.

Por supuesto que digo que usas la demagogia por mucho que el texto provenga de otra entrada a ésta. Si se menciona aquí es por algo, con intención clara, la de mostrar que antes de reprochar al botellón sus molestias por ruidos y suciedad, hay otros problemas en las ciudades más importantes. Yo digo que eso es excusar los problemas del botellón con otros problemas, como los aviones hacen más ruido que los jóvenes bebiendo, primero los aviones y luego los jóvenes. Si los botellones manchan, más sucios están los puertos, por lo tanto, primero limpiar los puertos y luego ya veremos que hacemos con el botellón. Yo digo, lo uno y lo otro no tienen relación, cada uno es un problema que necesita solución y no como argumentación para defender comportamientos reprochables. Si se hace asi, y yo creo que lo haces, es ser demagogo. Lo siento si te sientes ofendido, pero es mi opinión, y la sigo manteniendo mientras no me demuestres lo contrario.

Un moi forte abrazo a pesar de todo o que nos temos dito, un bico fraternal e os meus maís sinceros respetos, tiven, teño e seguireite tendo como una persona moi querida e especial pra min, por moitas cualidades, e pola tua intelixencia. Pero ista vez, non estamos de acordo, ainda así, o dito, o saudo máis afectivo dende Madrid.

28 10 2007
martinho

Está claro que prohibir non é a solución, a xuventude non deixará de facer botellón por moito que se impida

29 10 2007
rivas_tiran

con só ver o blog da persoa que che escribe criticando xa se sabe o que pensa. Tendes razón que prohibindo non se arregla nada

29 10 2007
Alberto

O mellor de todo isto e que non din a miña opinión sobre o que penso eu sobre o botellón, sen embargo, hai que fai hermenéutica tarotista y xa sabe o que penso.

Por certo por se non queda claro Rivas, a pesar do meu blog, son dos que opina que cada un debe facer do seu corpo o que lle prazca, e se un quere beberlle licor café como para terminar tendo a sangue de cor negra, por min que o faga.

Un saudo.

30 10 2007
waltinho

En ningún momento pronuncie un só insulto a túa persona. O aprecio nesta ocasión simplemente quedou de lado, as críticas construtivas son aceptadas sempre, pero claro, o que ti fixeches foi vir a por min, ou polo menos eso entendín.

Volvo a repetir non che dediquei nin un insulto, que por outra banda sabes que si o faría se o considerase oportuno 😛 Por outro lado, ti mesmo te defines como liberal a ultranza, polo cal eu te chamo “economicista”, algo que non me parece un insulto, ou se chamo alguén falanxista ou anarquista, sendoio, pode sertirse ferido???

Por outra banda, cando falo de outros problemas, intento explicar que só se nomea o problema do botellón para falar da basura que xenera, cando outros moitos sitios son peores e ninguén lle adedica un so minuto, esto é demagoxía?? Esto é simplemente expor outros problemas de igual ou maior calado, sen xustificar a estercoleira dos botellóns (asunto que debe resolverse)

Agora ben, nunca tolerarei que se critique a ninguén pola súa forma de pensar, polo que, penso que todos temos un oco neste blogue.

E para rematar: BOTELLÓN CON-SENTIDO!!!!

SAUDOS E BIKOS ALBERTO!!!!

15 11 2007
Bouzós

Eu estou por creer oq ue di Clara Millán sobre a prevención do alcoholismo se toma unha serie de medidas complementarias. 1º Que prohiba o consumo de alcohol nos eventos organizados polo seu goberno ou aos que asiste con asiduidade, os bailes dos vellos (colectivo menos afectado polas enfermidades hepáticas que a mocidade cangeira coma todo o mundo sabe), pinchitos logo das conferencias, homenaxes etc.

2º Se é capaz de eliminar os locais que coa premisa municipal serven bebidas alcoholicas na vía pública (e non nun local determinado ou terraza) nas festas de Cangas.
3º Se é quen de nos amosar unha diferenza obxectiva entre as celebracións doutros eventos no Concello de Cangas e o botellón, poñamos por caso Festas de San Roque do Monte, San Blas d Madalena, Festa do Muiño de Fausto (co seu acceso economicamente máis factible ao consumo de alcohol, basta mercar unha xerriña), Festa de San Amaro de Aldán, Festas de San André no Hio etc. Eventos onde a contaminación acústica e o consumo de alcohol son, se cabe, maiores ca no botellón. Eventos onde, como calquera pode comprovar, os residuos solidos da celebración non soen rematar precisamente nos contedores destinados aos mesmos.

Alguén falaba aí atrás de contradiccións. Pois ben, vivimos nunha sociedade na que o alcohol (droga legal) está presente no día a día, e o combate para a moderación do seu consumo e/ou a sua erradicación ven sendo xa de por si complexo e difícil. O curioso é que a Secretaría Xeral de Xuventude (dirixida por carregos do BNG, o ex-secretario xeral das mocidades do BNG, Galiza Nova, para ser precisos) e o Consello da Xuventude de Galicia veñan de chamar ao diálogo entre as partes para acadar solucións lonxe da marxinación dos colectivos. O sorprtendente de todo isto é que a señora alcaldesa ponse na avangarda das medidas represivas en Galicia contra do botellón.

O discurso antibotellón, coma todos sabemos, ven sendo alimentado coa maior dasdemagóxias dia si, dia tamén, polos edios de comunicación mais escorados á dereita do estado español, nomeadamente Radio COPE la Razón El mundo, Radio Intereconomía etc. O conto é ben vello, aproveitar un cisma social xeracional para difundir un discurso reaccionario, unha xeración mellor formada (mellor que as do libreo de instrucción franquista) mais diferente e así mesmo máis excluida do que nunca da participación social, é albo dun discurso satanizador que enquista o problema e provoca a reafirmación do colectivo xuvenil nuns hábitos, que este transforma sinais de identidade. Da mesma forma pasou con outros escesos ao final da dictadura franquista mais, polo que se vé, os progres de Cangas, que tanto falan de memoria hsitorica (e olliño! con razón) pares que non teñen memoria á hora do que foron aqueles tempos. Curiosamente estes “xornalistos” ou tertulianos que predica a sua particular cruzada contra o alcoholismo e os desmadres da mocidade (perdida por culpa del actual gobierno [sic]), consume nos mesones madrileños da Calle Serrano e do Barrio de Salamanca copitas de cognac para o almorzo, da mesma forma que fai Don Jesús co seu convinado de vozca todas as mañás na do Pelotitas. Estes señores, non embargante, non protestaron en absoluto cando poucos anos atrás, a moda dos ácidos e dos tripis facía que moitos mozos de todo o estado (de Cangas tamén) saisen das discotecas con serios problemas de saude psíquica, o Extasi-extano nas radios e bombo que lle deron no seu día a ruta do bacallau daquí e dacolá, ou alguén lembra que se criminalizase aquilo como se está a satanizar hoxe odo botellón? Mais non, todo o mundo sabe que o consumode alcohol en calquera discoteca é moderado e que se alguén se pasa un pouco, o gorila da porta, ao saír, nos da unha bolsa para que vomitemos alí sen ensuciar a vía publica ou calquera portal, … a que si? Todo o mundo sabe, sobre todo o peroal das ambulancias, que antes do botellón non había intoxicacións alcoholicas nin nada polo estilo. Todo o mundo sabe que os mozos beben toda a semana e cando non están no botellón están chuzando viño con ghasiosa nas comidas e parando nos bares a baixar, viño, cervexa, cubatas e licores até na hora do domino… sobre todo co poder adquisitivo tan potente que teñen… a que si?
Pois iso, a ver se temos máis cabesiña… logho veñen as elesións e montamoslle aos mozos un guateke no Roros ou no Chiapas e sen alchol… a que si?

15 11 2007
Bouzós

Cando falo de Don Jesús, referiame ao parroco.

16 11 2007
waltinho

Moitas cousas das que dis teñen moito sentido, pero como todos sabemos o sentido común é o sentido menos común, non SI??

BOTELLON CON-SENTIDO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: