ESPIANDO O VESIÑO

30 10 2007

Un día decidín ser do Celta, non o recordo moi ben, pero debeu ser por Maté ou por Vicente. Outro día decidín que estudiaría ciencias puras, inda que o ano seguinte me cambiei a letras mixtas. Fai relativamente pouco me dixen, teño que estudar Socioloxía, inda que o meu propósito era facer Publicidade. Tres meses atrás escollín o color do coche que me gustaría ter, por agora so teño un color, inda non teño coche de meu. Pero o que non consigo recordar é cando decidín que eu era do Morraso!!!!

vigo.jpg

Quizáis o meu DNI diga o contrario, nado en Verín, provincia de Ourense, pero síntome do Morraso. É algo que se leva por dentro, espero que teña pouco que ver co que Rajoy ou Bono entenden por sentirse español, inda que de bo grado quizáis temos máis cousas en común das que nunca me podería imaxinar. Igual Paquito Vázquez sintese vaticano, da mesma forma que eu me sinto morracense, quen sabe? Espero non demostralo, polo menos da mesma forma.

Vigo a cidade das protestas, do proletariado, do metal e do naval, a que leva a bandeira do sindicalismo por todo Galicia, falando dende o respeto, sobre todo dos nosos amigos ferroláns. Vigo a cidade da reconversión da reconversión, e non falamos de relixión, senón de traballo nos astaleiros. Agora estase a falar de constituir a metrópoli de Vigo, diferentes poderes como Zona Franca ou os Empresarios de Vigo apoian esta iniciativa, na que municipios como os nosos poden chegar a formar parte de dita metrópoloi. Para algúns a solución perfecta para desconxestionar Vigo de tanta empresa e industria, e perfecto para moitos municipios con tasas baixas de industrialización. Para outros a pérdida de identidade, a dependencia dun xigante que é unha apisonadora, a servidume a un novo cacique imposto dende quen sabe onde. E eu que penso? Pois non teño nin idea, o único que sei é que estará ben que por un intre nos deixen decidir os pequenos que queremos facer co noso futuro, non si?

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: