MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!

1 11 2007

Dende diferentes fontes de información aseguran que a próxima campaña política e militar do CIM, estará centrada na defensa do medio ambiente e o traslado da Consellería de Pesca  o Morrazo. Os homes de Marcos da Portela, lider do CIM, máis Manolo do Sacho, líder espiritual do movemento morracense, aseguran estar a preparar “unha serie de medidas de primeira nesesidade”, polo que en pouco tempo teremos noticias frescas do entorno paramilitar.

foto-curiosa.jpg

Aquí o gato do Toñito Clarete

Por outra banda, o DMI (Documento Morracense de Identidade) está a ser un éxito total, e pensamos que en breves podremos ser usuarios do mesmo. Están por ver as vantaxes que pode ter o posuir o DMI, inda que se fala da gratuidade da Peaxe Inversa (peaxe de entrada no Morrazo se non se acredita a nacionalidade morracense), que o propio CIM está a fomentar . O DMI pode ter moito que decir na asociación de FECIMO, que nesta ocasión ten a pelota no seu tellado, xa que “non admitir o DMI para aplicar suculentos descontos pode ter consecuencias moi graves na economía morrasense” As consecuencias non foron aclaradas por Toñito Clarete, número dous do CIM, que leu un manifesto na sede nacional do CIM.

Toñito Clarete, Marcos da Portela e Manolo do Sacho reuniranse na próxima semán con grupos afíns, ca idea de contrastar opinións e meditar sobre posibles medidas futuras. Un dos espazos que se baralla para a xuntanza pode ser Corrubedo, onde este fin de semana se celebra unha xuntanza en defensa da Natureza galega, tendo como principal obxetivo impedir que o plan de piscifactorias se leve a cabo na zona do Barbanza.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: