O GALEGO: A SUPER EVOLUCIÓN DO HOME-RECICLAOTOUDO

17 11 2007

Dende fai anos veño seguindo o tema do feísmo en Galicia, esa forma tan “orixinal” de construir que temos os galegos, as veces máis preto da retranca que doutro estilo de vida vangardista. A verdade é que somos especiais neste tema, somos por así decilo, e sen aires de superioridade, a super-evolución do home, e cóntovos por que cheguei a esta conclusión: Nestes tempos no que cada vez intentamos reciclar máis e mellor, planteeime moi seriamente o tema do feísmo, esa arte tan galega de sacarlle partido a cousas que aparentemente son inservibles. Entón foi cando me din conta de que realmente somos uns seres incriblemente avanzados, somos os que explotamos mellor un producto, sacándolle diferentes usos o longo da súa vida.

Por exemplo, que me din do típico peche-porta con automatismo feita con metálico (imprescindible que esté ben oxidado) tan común nas leiras galegas. É incrible!, calquer outro ser menos avanzado houbera collido o metálico e tiraríao o lixo, sen pensar que podería ser un fantástico balado para a casa. E agora, esto me leva a outra pregunta, por que ten que estar oxidado? Moi sinxelo, por duas cuestións, unha, o primeiro uso do metálico (po cal foi creado, para polo colchón enriba) estírase o máis posible, chegando a darse cotas de Record Guinnes nunha aldea de Mondoñedo, onde o metálico e testemuña da creación de tres xeracións da familia,  o momento no que pasa a ser balado  e un momento duro para toda a familia, e o seu próximo uso está totalmente máis que falado. E aquí é onde entra a segunda cuestión, todo galego ten follón co veciño, por iso mellor que o metálico esté ben oxidado, polo menos se intenta movelo marco, que colla o tétanos, e a nosa maxia negra.  O primeiro que levou a cabo dito “invento” foi Pascual, o Liortas, quen é máis que coñecido en terras de Ortegal, como o cura, xa que nunca casous, e adicou toda a súa vida a reciclar todo o que pra outros non tiña valor, foi un exemplo a seguir, e milleiros de galegos, construen o peche-porta con automatismo, sen saber que O Liortas foi o primeiro. A que ninguén se parara a pensar quen foi o primeiro en construir o peche tan afamado no eido rural galego, pois agora ese home xa non é un anónimo que anda vagando a súa alma en pena polo norte galego.

Outros seguiron o camiño do Liortas, e no meu afán de recoñecelo traballo destes homes anónimos, quero que hoxe  teñan o seu pequeno recoñecemento, por iso brindemos por eles nesta noite de novembro, se podemos reciclemos unha lata de refresco, en homenaxe a todos estes grandes homes.

O “inventor galego” non só lle saca partido os metálicos (que por outro lado é o máis vistoso), senón que o primeiro enxeñeiro hidráulico foi galego, eso seguro. Se non, por que somos quenes de construir verdadeiros viaductos de augas nas fervenzas dos rios, aproveitando restos de latas, plásticos e outros productos que inda serven para algo? Creo que xa sabedes do que estou falando, do conducto de augas verticais reclicado (vexan a fotografía). O inventor foi Pepiño Aghuarrás, o seu alcume xa o dí todo, pero ate hoxe foi un home anónimo que por terras do Deza conseguiu canalizar unha fervenza que espallaba a auga desperdiciando un potente chorro.

Por outra banda, penso que xa non fai falta falar nada da falicidade innata dos galegos para sacarlle partido a esas antigas e arcaicas construccións que non valen para nada, convertindo canastros ou antigos muiños en verdadeiras construccións dignas de ser estudiadas polo tal Calatrava, xa lle gustaría a él construir como o fai un galego, aprobeitando calquer cousa para facer un habitáculo habitable. Que me din da fantástica creatividade que amoxa o arquitecto, Serafín O Enxebre, dono do canastro-jalpón da última fotografía. Serafín é tan só un home anónimo ata hoxe que respira arte por cada un dos seus poros, é incrible como na aldea recoñecen o bo traballo do Enxebre, e todos admiran a súa concepción vangardista da arquitectura rural galega.

Si señores, o galego é o home-reciclaotoudo, esa evolución que continúa máis alá do homo-sapiens, e que terá moito que decir, da mesma forma que xa deu moito que falar.

 

ingenieria.jpg

horreo-1.jpg

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: