MACROBOTELLÓN NO HELIPORTO DE CANGAS

23 11 2007

Sen intención de facer apoloxía do alcolismo, quero comunicar a tódolos visitantes do blogue que este fin de semana, teremos un Macrobotellón en Cangas, si si, un macrobotellón. Inda que somos unha vila os nosos antepasados debían de ser vascos, o que non sabe a xente  é que somos morracenses, e nós non facemos nada que non sexa o grande. Por outra banda intentaremos ser moitos, non por facer moito barullo, senón máis ben para quentarnos uns cos outros, xa que as previsións son de fresquiño sen treboadas. (Según Win Guru, teremos unha noite case despexada, con temperaturas que rondarán os 10 grados, sen contar “adictivos”)

Por outra banda o Colectivo de Botellón Con-Sentido (CBCS) manifesta a repulsa ante conductas impropias dos botelloneiros (persoas que queremos un botellón de e non un estercoleiro) Por iso pedimos que a xente respete para ser respetada, o mesmo que pedidimos todos as mozas e mozos de Cangas e do resto do Morrazo.

Por iso mañá todos cargadiños de ilusión, de ganas de pasalo ben, abrigadiños (por aquelo de non ter que acabar o luns cunha pulmonía por culpa dos políticos) e por suposto cargados de sentido común, que xa o dín que é o menos común de tódolos sentidos. O dito a pasalo ben, que para iso somos botelloneiros sem fronteiras, e para pecharlles a boca, recollede o voso lixo, e sede vós quen impulsedes a estes actos de civismo os vosos amigos, axudando a respetar o que debe ser de todos, e que non por uns cantos quedemos sin el.

Botellón Con-Sentido!!!!

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: