BOTELLÓN E A HORA CHANANTE

24 11 2007
Advertisements




MANIQUÍS NA FEIRA!!!

24 11 2007

imagen000.jpg





NIPONES!!!

24 11 2007




GALICIA EN CORRUBEDO!!!

24 11 2007

“Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda.

Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. Foi un éxito sen precedentes nunha vila tan pequena como esta que onte, dalgún xeito, foi a capital da dignidade dun país. Todas e todos os que se achegaron onte a Corrubedo, os que encheron de orgullo térreo as rúas desta pequena vila mariñeira, eran galegas e galegos dignos cuio único obxectivo é amosar que cando o poder político non cumpre co pobo, sexa cal for a súa cor, cando os apoltronados do Hórreo traizoan o país, aí está o poder popular, a nación, para lembrarlles que é en nós, nos do común, onde reside a soberanía desta Galiza nosa. Sen nós, non hai goberno e sen nós non hai país.

E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, senón que o camiño autodestrutivo emprendido polo noso goberno, non é o noso camiño. Cando milleiros de persoas de todo o país, dende Ribadeo á Guarda e dende O Courel a Corrubedo, conflúen nun afastado cabo como o noso; cando tanta xente gasta horas e horas do seu tempo en ir berrar a un dos fins da terra nosa, é que algo acontece. Cando asociacións veciñais, pobos enteiros, sindicatos, colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, asociacións de mariscadoras e mergulladores, intelectuais e artistas, marchan xuntos e sen fisuras nunha causa común, é que algo moi grave acontece.

E abofé que algo moi grave acontece. O ritmo de destrución de ecosistemas, paisaxes e mesmo aldeas e tradicións é escandaloso. Nada xustifica roubar a terra ao pobo para entregarlla a empresas depredadoras. Nada xustifica privatizar o litoral ao máis puro estilo colonialista. Nada xustifica ir contra a vontade de todo un pobo.

Onte, en Corrubedo, o país galego díxolles aos seus gobernantes que xa abonda, que queremos outro modelo de desenvolvemento, que queremos conservar o pouco que nos queda, que antes cás siglas políticas, antes cós intereses económicos, está a vontade da nación, a dignidade deste curruncho do noroeste peninsular que onte, para ben ou para mal, comezou unha loita unitaria pola dignidade porque aqueles en quen confiou o seu goberno mudaron en cegos e xordos. Si, este 4 de novembro, no afastado cabo do ollar largacío que é Corrubedo, o pobo galego dixo: Galiza non se vende. E xa non pararemos, por dignidade. Parabéns a todas e todos e adiante, pois este é o camiño.”

Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro





ESPINETE PROBE ANIMALIÑO!!

24 11 2007

Fai tempo que non sabíamos nada del, de vez en cando aparecía en algún recordatorio anual, destes qeu fan por nadal na TVE, pero pouca cousa. A verdade é que xurdo dunha xeración na que se levabas o pelo de pincho chamábante “Espinete”. Nos tempos en que eu era neno no viamos a Barrio Sésamo, estabamos todos con Espinete, ese becho raro, entre humán e porco espiño. Non podemos tampouco olvidarnos de Don Pimpón, pero neste caso vamos a facelo. O noso apoio incondicional a Espinete, que seguro estará con nós, nos nosos miolos. Abriremos unha conta para que depositedes un aguinaldo para o mutante, así conseguiremos que neste nadal Espinete non teña qeu prostituirse para levar algo a boca ou a vena.

espinete.jpg





ADUANEIROS SEM FRONTEIRAS FECHADO!!!

24 11 2007

Non podo crer a situación que estamos a vivir. Un dos blogues de maior referencia no panorama social e creativo da Galicia vese na obriga de pechar para sempre, a causa son unha posibles inxurias vertidas nesta páxina a “poetisa galega” Yolanda Castaño, que colaboura en programas da RTVG.

O caso é que Ocioloxía da o seu apoio incondicional a unha das páxinas que poden ser calificadas como obras de creatividade no ciberespacio galego. Espero qeu sexa un atalogo e non un ata sempre. Polo menos agradecer o que se fixo!!!

fechado.png