MACROBOTELLÓN EN CANGAS

25 11 2007

O macrobotellón de onte foi todo un exemplo de civismo. Inda que seguimos denunciando a falta de sensibilización na recollida do lixo, tamén temos que decir que as autoridades competentes seguen sen por os medios adecuados para que esta situación troque a mellor. Un exemplo é a falta de contenedores de lixo, que na miña opinión sería unha medida lóxica ca cal se solventaría un dos grandes lastres do “botellódromo”, ademais só sería necesario colocar un para plásticos e outro para vidrio.
Polo demais onte respirouse un bo ambiente, o tema do día non era outro que a medida aprobada polo consistorio cangués, incluso unha pancarta colocada por uns mozos se facía alusión a chamada “lei seca”. As 00:00 un equipo de Ocioloxía desprazouse o heliporto cangués, lugar onde se convocara o macrobotellón, e inda que non había moita xente, grupos de mozas e mozos iban chegando os poucos. Ademais temos que dar as gracias as autoridades municipales por querer protexernos tanto, xa qeu nos escasos 20 minutos que estivemos alí o redor da media noite, vimso duas patrullas da Garda Civil e outra da Policía Local. A verdade é que foi todo un detalle ver como  os gardas se preocuparon polo noso benestar, e iso non ten precio, para todo o demáis un Botellón Con-Sentido.

O equipo de reporteiros voltou a 1:30, e foi cando xa nos demos conta de que iba ser un bo día, vimos varios compañeiros dos medios de comunicación, un par de fotógrafos e uns cámaras, perseguidos por videoaficionados (xente qeu grababa o cámara), bonita estampa a que se viviu, un cámara profesional rodeado de cámaras afecionados. Por outra banda foi preto da hora de chegada cando un cámara se achegou ata un garda civil, que estaba a protexernos dos males axenos, e lle propuso facer un “paripé”, que se achegara ata a zona onde estaba máis masificado o botellón co fin de conseguir unha boa estampa. Ante a chegada máis que esperada do “civil”, os botelloneiros comezaron a asubiar, conseguindo así o cámara unha boa imaxe.

O botellón chegou o seu cumio o redor das 2:30 da mañá, neste intre fontes externas de ocioloxía comentaban que había unhas 500 personas. Un dos organizadores con quen tivemos a oportunidade de charlar, comentuonos que isto foi un éxito rotundo, con máis de duas mil persoas facendo botellón en Cangas, inda que non se conseguiu o que se pretendía, xuntar os diferentes botellóns no heliporto. Por outra banda a Policia Local de Cangas falaba duns 350 botelloneiros e a Garda Civil dun par de grupos de amigos que non superaban o centenar.

Por outra banda reporteiros de  Ocioloxia tomaron nota de que o consistorio municipal fixo os deberes. Ante a máis que posible chegada de cámaras o heliporto, os servizos municipais retiraron aqueles coches en estado ruinoso que se agolparon durante anos na zona do botellón. esta vez os coches foron retirados para conseguir unha boa imaxe para o noso pobo.

Pra rematar decirlles que estamos traballando na elaboración dun video que nos mostre un pouco máis de preto este día, e qeu cando sexa posible o publicaremos neste mesmo blogue. Polo momento nada máis que suliñar, tan so o de sempre:

Botellón Con-Sentido

Advertisements

Accións

Information

One response

27 11 2007
josebitarrero

Eyy!! El otro día ví imágenes del macrobotellón en la televisión. Estuve atento pero no os ví en las imágenes. Sólo una cosa, parecía hacer bastante frío, así que la próxima vez, se alquila un autobús y os venís pa Murcia, que se está más calentico 🙂 (se recomienda que cada uno venga provisto de una botella de licor-café, jeje)
Por cierto, este fin de semana he vuelto a beber el auténtico licor-café galego. ¡Qué placer para el paladar!
Un abrazo fuerte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: