EXTRAÑOS PARECIDOS

28 11 2007

bng.gif

pp.gif

psg.gif

A veces dame a sensación que o meu avó non andaba tan desacertado cando decía, “meu neto, has de saber que todos che son iguais, senón por que ansían todos da mesma forma o poder” Eu sempre fun reacio a esto, máis ben por un aquel romántico que por outra cuestión ideolóxica, inda que cos anos vas mudando ese perfil soñador, e pousando un pouco os pes no chan. De vez en cando volvo a axitar a miñas ás de revolucionario doutra época, máis propio do maio do 68 que da loita implacable e crispante a que nos leva a política social dos partidos “galegos”.

Unha vez máis quero agradecer a Desenho Galego o feito de achegar un pouco máis a fantasía a realidade social da nosa terra, deixando de lado aqueles fins partidistas dos cales  é mellor afastarse para comprender a situación actual. O feito en sí, as eleccións xerais do próximo marzo, están máis preto e iso vólvese a notar nos políticos galegos, facendo outra vez demagoxia, sen achegarse de preto os verdadeiros problemas dos cidadáns, como a vivenda, o traballo precario, o cambio climático, as infraestructuras, o transporto ou mesmo a sanidade e a educación, verdeiros pilares de toda sociedade que quere facerse chamar moderna. Agora estamo inmersos nun partido de rugbi, no qeu cada un tira por diante a quen pode, sen ver o qeu realmente pisa, que as veces esmaga sen importarlle nada.

Volvo como sempre a deixar en vós o camiño da reflexión, tendo por outra parte a miña elección moito máis indefinida que noutras ocasións, polo momento a descansar de tanto politicucho, que boa falta nos fai.

Advertisements

Accións

Information

3 responses

28 11 2007
alberto

A miña opinión o respecto é mais que coñecida, todos son o mesmo, vampiros sedentos de poder. Farteime de decir durante os años do PP que có PSOE non iban as cousas ser mellor, dito e feito. Dixen mil veces que cando un partido como o BNG probara o doze do poder iba a ser o mesmo que calquer outro partido, dito e feito. Po iso fai xa tempo que penso que votar por unha ou outra opción é unha pérdida de tempo, ollo, que non digo ir a votar en si, senon molestarse en elexir una candidatura ou outra. Eu voto nulo, porque inda por riba, se botas en blanco o teu voto vaia a mayoría.

Un saudo dende Madrid.

29 11 2007
Elvis Tury

¿Pero existe aljun polìtico que non sea demagòjico?.
Pois en Vijo temos pra rejalar, por si queredes coñocelos.
Sobrannos todos.
Aproveitar.

Cachamuiña & sons.
Non aceptamos devoluciòns.

1 12 2007
Unquevai

Ao fin e ao cabo, a clase política é unha clase social máis, e penso que é reflejo da sociedade que dirixe, da igual que cambiaras a eses políticos por outras personas, serían iguales. Quero decir, que as personas cando son políticas, compórtanse así, é un feito contra o que non se pode loitar.

É máis, diría que as diferenzas entre os políticos españoles e políticos extranxeiros (que foran mellores) é únicamente a sociedade que dirixen, que é a que realmente configura o carácter da clase política.

É a pescadilla que se morde a cola.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: